Site icon Crónica3.com A Mariña

O orzamento de Barreiros para o ano 2010 ascende a 3,5 millóns de euros

BARREIROS (FNC) .- O venres celébrase pleno extraordinario no Concello de Barreiros a partires das 19:30 horas. Na sesión someteránse a aprobación os orzamentos de 2010 que ascenden a 3,5 millóns de euros e as obras que se realizarán con cargo ao plan E deste ano, ademais dun recoñecemento extraxudicial de crédito.

No pleno tamén haberá rogos e preguntas, segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente, “porque esta sesión substitúe á ordinaria que se tiña que ter celebrado o luns pasado. Nos plenos extraordinarios non hai este capítulo, pero neste caso e por ese motivo si que o haberá”

Exit mobile version