Nota de Prensa
González Barcia anuncia a presencia do Secretario Xeral para o Deporte o vindeiro luns.
Lete Lasa presidirá a sinatura da acta de replanteo das obras do novo campo de fútbol artificial de Burela.
Barcia: “foi o PP quen comenzou os trámites e é a Xunta de Feijoo quen fai realidade a obra”.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, anunciou hoxe que, de non haber cambios de última hora, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, estará o vindeiro luns, día vintecinco, en Burela para presidir a sinatura da acta de replanteo das obras de construcción do campo de fútbol de herba artificial da Marosa. González Barcia considera que a presencia de Lete Lasa demostra que a Xunta de Núñez Feijoo tén unha especial querencia por esta obra, que no seu día fora plantexada pola directiva da S. D. Burela ó equipo de goberno municipal do PP.
A acta de replanteo é o documento legalmente requerido para que as obras poidan comenzar, e de feito significa o inicio oficial das mesmas.
O portavoz do GMPP indicou que esta obra significa a aposta da Xunta de Alberto Núñez Feijoo por Burela, e o cumplimento dos compromisos do PP. “Foi o PP quen inicio vai facer tres anos os procedementos para facer realidade esta obra, coa petición dunha subvención por parte do concello, gobernado polo PP, á Xunta bipartita. Foi o PP quen se comprometeu á súa execución, despois das eleccións autonómicas de marzo pasado, e é a Xunta de Núñez Feijoo quen fai as obras, o que significa que Burela, co PP, gana”.
González Barcia, que indicou que a obra foi adxudicada en cincocentos corenta mil euros, considera que esta obra demostra unha vez máis o compromiso do PP co deporte de base. “Hai que lembrar que a primeira ampliación do pavillón Vista Alegre foi obra tamén do PP, e que a segunda ampliación deixouna adxudicada tamén o PP; o pavillón dos Institutos tamén o fixeron gobernos do PP, e todo eso sen contar as obras que fixemos na Marosa nos dous últimos dous anos de goberno do PP no Concello”, indicou Barcia.
Finalmente, o voceiro dos populares manifestou a súa confianza en que esta nova instalación serva para potenciar realmente o deporte de base no concello.