Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario xeral do PP lucenses discrepa da vicepresidenta segunda da Deputación sobre os parques de bombeiros

NOTA DE PRENSA

O secretario xeral dos populares lucenses tacha de irresponsables as declaracións de Lara Méndez pois unha vez máis “non se entera do que está a falar” e pon en dúbida de que o propio Besteiro comparta o contido das acusacións de Méndez contra a Xunta

O PP FAI PÚBLICO QUE BESTEIRO ANTEPUXO AS SÚAS VACACIÓNS Á UNHA REUNIÓN CO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA PARA IMPULSAR A APERTURA DOS PARQUES DE BOMBEIROS

Corresponde ao Presidente da Deputación convocar o Consorcio de Bombeiros, no que a Xunta e o Ente provincial están representados.

O secretario xeral dos populares lucenses sospeita que a Deputación non ten moito interese en que poidan entrar en servizo os parques de bombeiros da Mariña a iniciativa da Xunta do PP, despois de que o anterior Goberno bipartito fora incapaz de facelo realidade.

A Mariña, 6 de xaneiro de 2010.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro Orol, vén a saír ao paso das declaracións efectuadas pola vicepresidenta segunda da Deputación Lara Méndez, nas que agora  intenta culpabilizar á Xunta de Galicia da non apertura dos parques de bombeiros na nosa comarca.

Para Balseiro Orol a dirixente socialista “non se entera, para variar, do que está a falar” e permítase facer unhas declaracións e unhas acusacións que non se fundamentan en ningún tipo de datos. De feito o deputado popular pon en dúbida que o propio Presidente do Ente provincial comparta e apoie as declaracións de Lara Méndez e se pregunta como é posible que esta señora non fale co seu superior, e se informe ben sobre o asunto, antes de saír aos medios de comunicación para verter informacións tan erradas.

BESTEIRO DEBE CONVOCAR CO CONSORCIO

O secretario xeral dos populares lucenses lémbralle a Lara Méndez de que é o propio Presidente provincial, Gómez Besteiro, quen ten a competencia de convocar o consorcio de bombeiros, e polo tanto, que é o superior de Lara Méndez que a día de hoxe non reúne a este organismo que agrupa aos responsables da Deputación provincial e da Xunta encargados de xestionar a apertura das instalacións de bombeiros na nosa comarca.

VACACIÓNS ANTES QUE O TRABALLO

Balseiro quixo facer público incluso que o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda púsoxe en contacto co propio Besteiro, para indicarlle que este era un tema que ao que os novos responsables da Xunta de Galicia dábanlle máxima urxencia e polo tanto que era necesario manter un encontro á maior brevidade posible. Desafortudamente o propio presidente da Deputación, no transcurso desta conversa co conselleiro, indicoulle que era un asunto que debía esperar a despois das festas.

Para o secretario xeral dos populares lucenses é bastante grave que o Presidente da Deputación provincial antepoña as vacacións a axilizar a apertura dos parques de bombeiros. Segundo Balseiro Orol esto non debería ser así, sobre todo tendo en conta que, como todos os lucenses poden comprobar tanto Lara Méndez como o propio Besteiro, están practicamente todo o ano de vacacións.

CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE DE MÉNDEZ

Balseiro non ten constancia da razón pola que Lara Méndez descoñece os contidos das conversas entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro de Presidencia e, de feito particular, os motivos polos que Lara Méndez e Gómez Besteiro non falan. En todo caso emprázalle á dirixente socialista a deixar de enganar aos veciños da Mariña, a ser máis responsable nas declaracións que efectúe, e sobre todo a esixir como mínimo a que desde o organismo provincial deixen de paralizar a posta en marcha destas infraestruturas tan importantes para a xestión das emerxencias na nosa comarca.

FALTA DE VONTADE DA DEPUTACIÓN

“Temos a impresión de que a Deputación de Lugo non quere que A Mariña lucense dispoña de parques de bombeiros. Porque na época na que o bipartito compartía a responsabilidade de Goberno tanto na Xunta como na Deputación non foron quen de levalos adiante. Son tan sectarios que parecen preferir que non haxa bombeiros a que estes parques poidan poñerse en servizo grazas ao impulso e á aposta da nova Xunta do Partido Popular”- conclúe Balseiro Orol.

Exit mobile version