Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsable de Comercio, Industria e Turismo de Burela entregou os vales de compra da campaña de Nadal

BURELA (FNC) .- O Concello acolleu onte a entrega dos premios da campaña de nadal que organizou a Delegación de Comercio, Industria e Turismo. As afortunadas, tres mulleres, recolleron os 1.000 euros en vales de compra (cada unha). Segundo explica, José González Legazpi, “agora eses vales deben ser consumidos no propio comercio local durante o mes de febreiro, agás o premio ao escaparate que se outorgou como estímulo ao decoro do mesmo. Hai que lembrar que o límite de compra por comercio está nos 500 euros e que os premiados teñen que entregar no Concello antes do vindeiro 15 de marzo a xustificación de teren efectuado as compras no comercio da vila”.

Na campaña de nadal do Concello de Burela tamén se entregaron 1.000 euros en vales de compra ao gañador do marathón fotográfico. O edil de Comercio amósase satisfeito pola acollida que tivo a campaña e suliñou que “cada ano se potencia máis desde o Concello para favorecer aos sectores socioeconómicos locais”.

Ademáis esta fin de semana péchase a exposición coas fotos do marathón que se atopa instalada na Casa da Cultura.

Exit mobile version