NOTA DE PRENSA:
OS SOCIALISTAS RECLAMAN AO GOBERNO DE FEIJOO UNHA ACTUACIÓN DECIDIDA NA MARIÑA DE LUGO, POR MOR DA TEMPORAL
-Piden un Decreto de medidas urxentes para indemnizar a particulares e empresas
– Demandan ao Goberno de Feijoo unha explicación, para os concellos afectados e ao conxunto da cidadanía, por non alertalos das fortes choivas
Burela , 25 de xaneiro do 2010. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego e o deputado da Mariña Ismael Rego reclaman ao Goberno de Feijoo unha actuación decidida na Mariña de Lugo, debido o temporal do pasado sábado día 23. Piden un Decreto de medidas urxentes para indemnizar a particulares e empresas.
Os deputados socialistas relatan que o pasado sábado día 23, a partir das 5 da tarde, producíronse unha seria de incidencias en varios dos concellos da Mariña lucense, coma Viveiro, Xoxe, Cervo, Ourol e Burela, como consecuencia das torrencias choivas, nas que mesmo en Viveiro chegou a rexistrarse 30 litros de auga seguidos, debido a forte pluviosidade.
Os socialistas denuncian que estas choivas provocaron numerosos e cuantiosos danos debidos a confluencias das fortes choivas polas confluencias de regatos, rios e a suba da marea. Sinalaron se desbordaron rios como o Xunco, Landro e os seus afluentes.
Explicaron que houbo danos cuantiosos como caídas de pontes, estradas cortadas e anagamentos de casas particulares e tamen de diversos establecementos.
Por todo isto o Grupo Parlamentario Socialista demanda ao Goberno de Feijoo, unha explicación para o conxunto da cidadanía e para os concellos afectados, por non alertalos das fortes choivas. Nese senso reclaman unha actuación inmediata e decidida, para avaliar os danos ocasionados, en colaboración cos concellos. Ademais tamén reclaman a posta en marcha dun decreto de medidas urxentes para indemnizar a particulares e empresas.