Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa tecnolóxico Innova-Te da deputación quedará adxudicado provisionalmente a próxima semana

LUGO .- A mesa de contratación do Innova-TE, o programa tecnolóxico da Deputación de Lugo para asegurar a implantación no 2011 da e-administración no organismo provincial e en 66 Concellos, rematou esta semana de abrir a documentación das 7 ofertas recibidas e onde están representadas máis dunha ducia de prestixiosas empresas de ámbito nacional e internacional. Todas elas compiten pola contratación deste ambicioso programa, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego: 7 millóns de euros, 1.300 millóns das antigas pesetas. Está previsto que a próxima semana o programa Innova-TE quede adxudicado provisionalmente.

As sete propostas avaliadas están refrendadas por empresas que, ben en unión temporal –ute- ou en solitario, garantizan un elevado grao de profesionalidade e solvencia ó servizo dos lucenses. Todas comprometen unha vinculación co tecido local de empresas lucenses de tecnoloxías e servizos, así como a creación de emprego directo na provincia, un dos obxectivos que marcou desde o principio a Deputación de Lugo.

O nivel de participación e calidade dos participantes é consecuencia da política de transparencia, acceso á información e garantías que a Deputación ofreceu ós posibles licitadores en todo momento. Todos eles presentaron solucións ó máis alto nivel, con prestación que dan desposta ós retos e necesidades da provincia de Lugo, demostrando nas súas ofertas técnicas capacidade sobrada de execución.

Da mesma forma, a adxudicataria ou UTE de empresas deberá amosar: unha ampla experiencia na Administración electrónica -especialmente en pequenos e medianos Concellos para garantir que a e-administración funcione en 18 meses-; o uso de ferramentas tecnolóxicas fiables, eficaces, e integradas no plan avanza que permitan aforrar; e un enfoque realista ás características xeográficas da provincia de Lugo para o bo funcionamento do proxecto.

Máxima transparencia

O INLUDES, dependente da Deputación, aprobou a finais do pasado ano un prego de 7 millóns de euros para poñer en marcha a e-administración de forma global e conxunta, aforrando cartos e tempo. A continuación, a Deputación publicou a convocatoria na páxina web provincial, no Diario Oficial da Unión Europea –DOUE-, no Boletín Oficial do Estado, e no Boletín Oficial da Provincia. Tamén celebrou unha xornada informativa á que pudieron asistir todos os interesados para clarificar calquera dúbida, reunión na que participaron unha trintena de representantes de diferentes empresas. Con anterioridade, as empresas xa tiveran a posibilidade de plantexar calquer cuestión vía correo electrónico a un departamento habilitado para tal fin na Deputación.

A valoración das propostas foi levada a cabo por unha das máis prestixiosas consultoras internacionais, que plantexou unha “Guía Metodolóxica de Valoración dos criterios non avaliables mediante fórmulas de concurso”, que foi aprobada previamente pola Deputación de Lugo. Tamén o informe de valoración foi aprobado por dous equipos independentes de técnicos de recoñecida sona e de dita firma, garantindo un doble proceso de revisión, supervisado en todo momento e forma conxunta polos técnicos da Deputación.

Aposta polas novas tecnoloxías

Innova-TE permitirá aos cidadáns solventar dende a Internet os trámites coa administración que agora requiren presencia física. Os veciños so terán que entrar na páxina web da Deputación, ou dos seus Concellos, identificarse a través do DNI electrónico para descargar os formularios necesarios, adxuntar a documentación precisa, e facerllo chegar á administración correspondente mediante a rede. Da mesma forma, este proxecto dotará aos 66 Concellos de portais de servizos, de capacidade WiFi, de ordenadores, e extenderá a banda ancha, o que fará que Lugo abandone as últimas posicións do “ranking” español que avalía a implantación e o uso das novas tecnoloxías no país.

Exit mobile version