Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa Km0 da deputación trae esta semana a Mariña máis dun cento de persoas

LUGO .- O programa Km0 da deputación traer esta semana a Mariña máis dun cento de persoas, entre eles 55 integrantes do clube ciclista San Miguel de Monterroso e 55 membros da Asociación “Albazaira” de Sarria.

Nota de Prensa

A Mariña e a Ribeira Sacra centran os destinos de Km0 esta semana

Preto de 300 persoas de Guitiriz, Lugo, Vilalba e Monterroso participan no programa medioambiental da Deputación

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Alcaldesa de Guitiriz recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da plataforma “Pro-Labrada” de Guitiriz e a outro da Asociación de Dano Cerebral “Sobrevido” de Lugo, dentro de Km0. En total 278 persoas participan esta semana nas seis rutas do programa medioambiental que promove o organismo provincial.

No primeiro caso, trátase dun grupo de 48 persoas que coñeceron a Ribeira Sacra cunha viaxe en catamarán por Amandi. Os integrantes da plataforma guitiricense embarcaron en Doade e tamén fixeron a ruta de sendeirismo ata Pena do Castelo. Antes de desprazarse ata a zona sur da provincia, percorreron o Centro de Interpretación do río Rato.

Os 24 membros da Asociación luguesa decantáronse pola Mariña, concretamente polo Concello de Viveiro, onde visitaron a igrexa de Santa María do Campo, a Muralla e a Porta de Carlos V. Os participantes tamén subiron ó monte de San Roque, pasearon pola praia de Covas e coñeceron a oleiría de Bonxe.

O mércores, 55 integrantes do clube ciclista San Miguel de Monterroso tamén elexirán a costa luguesa como destino da súa ruta. Neste caso, o itinerario está formado por unha visita á illa Coelleira, ós miradores de Bares e San Román, así como un paseo polas praias de Arealonga e Orante, e unha percorrido pola casa antiga de Salzón e polas instalacións portuarias. Pola súa banda, 48 membros da ANPA Terra Chá de Vilalba desprazaranse ata a zona sur da provincia, onde visitarán os muíños de Xábrega, a aldea de Maseda e embarcarán en Chancís. Previamente, coñecerán o Centro de Interpretación do río Rato.

Polo que se refire ó xoves, un grupo da Asociación de Veciños de Distriz “San Martiño” de Vilalba optará pola ruta “Os Viñedos”. Os 48 integrantes, ademais de visitar o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación, coñecerán o pobo e a presa de Belesar. O itinerario completarano cunha ruta de sendeirismo ata a igrexa das Pesqueiras e cunha degustación na adega “Vía Romana”. Ese mesmo día, 55 membros da Asociación “Albazaira” de Sarria elixirán a costa luguesa. Visitarán a lonxa de Viveiro, subirán ó monte de San Roque e pasearán pola praia de Covas. Dentro dos centros dependentes da Deputación, percorrerán a Fundación TIC.

Exit mobile version