Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación reunirase co conselleiro de Presidencia para impulsar os parques de bombeiros

LUGO .- O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, pechará co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, a reunión do Consorcio Provincial de Bombeiros. O Deputado de Cooperación cos Concellos sinalou que o obxectivo da xuntaza é “impulsar a posta en marcha dos parques comarcais, empezando polo de Barreiros”.

Nota de Prensa

A Deputación investiu 1,2 millóns de euros en actuacións do canon nos últimos dous meses

– O organismo provincial destina este ano 3,6 millons de euros a saldar esta débeda histórica con Chantada e co resto de municipios que teñen produción hidroeléctrica

– A Xunta de Goberno deu o visto e prace ó Plan do Concello de Sober que suma preto de 297.000 euros

– Gómez Besteiro pechará co Conselleiro de Presidencia a reunión do Consorcio de Bombeiros na segunda semana de febreiro

A Deputación aprobou nos últimos dous meses investimentos por valor de 1,2 millóns de euros nos Concellos afectados polo canon hidroeléctrico, á marxe de Chantada, e que se inclúen dentro das anualidades 2008-2009. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, destacou que “a estas alturas só falta Guntín, pero estamos en condicións de facer un pequeno balance do que levamos destinado a obra pública nestes Concellos. Son actuacións ás que chegamos a través do consenso e que fomentan a creación de novos novos postos de traballo na provincia e satisfacen a demanda dos veciños, xa que son obras moi necesarias”.

Precisamente, a Xunta de Goberno deste venres aprobou o Plan de Obras de Sober por valor de 296.871 euros, que inclúe o acondicionamento de varios accesos en 20 núcleos rurais: Proendos, área recreativa, Arroxo, Santa Marta, Bolmente, Prados, Matama, Rosende, Barantes, Barreiros, Bulso, Regueiro, Nogueira, A Boca, Fervenza, Cadaval, Bananta, Piantes, Camilo e rúa da Panadería; o alumeado público nas localidades de Regueiro, Nogueira, A Boca e Fervenza; e o saneamento e abastecemento en 3 núcleos rurais: Froxán, Carqueixa e Mer.

Segundo o reparto, a Deputación investirá neste Concello 445.320 euros, dos que a cantidade aprobada hoxe, corresponde ó Plan de Obras dos anos 2008 e 2009. Unha vez apobado o Plan, o seguinte paso será a contratación das obras para inicialas canto antes. “Para o ano 2010 quedan importantes recursos que destinaremos a estes municipios. Precisamente, no Orzamento deste ano a Chantada correspóndenlle 1.649.802 euros e ó resto dos municipios 2.032.952. En total a cantidade que destina o organismo provincial a saldar esta débeda histórica ascende a 3.692.760 millóns de euros”, apuntou Gato Soengas.

Reunión Consorcio de Bombeiros

O voceiro provincial socialista anunciou que na semana do 9 ó 13 de febreiro o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, pechará co Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, a reunión do Consorcio Provincial de Bombeiros. O Deputado de Cooperación cos Concellos sinalou que o obxectivo da xuntaza é “impulsar a posta en marcha dos parques comarcais, empezando polo de Barreiros”.

Outros acordos da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno tamén aprobou o documento complementario do estudo informativo da Autovía A-72: Monforte de Lemos-Chantada, no treito: cruzamento co canon do río Miño.

Do estudo complementario, dedúcese que a solución máis axeitada é a que resolve satisfactoriamente a incidencia que outras propostas producían sobre o ámbito do Ben de Interese Cultural da Igrexa de San Estevo, en Ribas de Miño.

Esta solución ten unha lonxitude de 4,8 quilómetros e iníciase no punto quilométrico 19,500. Formúlase o trazado ó límite norte do contorno do Ben de Santo Estevo, sen chegar a afectar á presa, a central hidroeléctrica e ó parque de distribución eléctrica de Belesar.

O trazado afástase uns 650 metros da zona da Igrexa, de xeito que non afecta a ningún dos elementos patrimonias da zona. Ó oeste da presa de Belesar, onde hai unha concentración destes elementos, o trazado desenvólvese mediante un túnel de 1,5 metros. Sobre a metade do treito, atravesa o río Miño mediante un viaduto de 670 metros e, máis adiante, sitúanse outras dúas pontes que salvan a C-533 e o río Asma. A proposta inclúe o enlace A Veiga, no punto quilométrico 19,700, e finaliza no 24,350.

Exit mobile version