Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ve na deputación “desorganización dos recursos propios para paliar os efectos das nevaradas”

Nota de Prensa

O GPPP acusa a Besteiro de desorganización dos recursos propios para paliar os efectos das nevaradas

* Como exemplos da improvisación coa que traballa Besteiro os populares explicaron que as cuñas dos dous camións quitaneves non se montaron ata esta mesma mañá, e que as motoniveladoras estiveron paradas no parque móvil al menos ata o mediodía

Venres, 8 de xaneiro de 2010.- O GPPP acusa ao goberno provincial da deputación de “falta de previsión”  lamentando a “desorganización” dos recursos propios para paliar os efectos das nevaradas das últimas horas.   O voceiro adxunto dos populares dixo entender que se pode desbordar a situación pero cualificou como “fallos imperdonables que as cuñas dos dous camións quitaneves da deputación non se montaran ata esta mesma mañá”. A xuizo dos populares tamén é imperdonable que as motoniveladoras da deputación estivesen paradas, al  menos ata o mediodía de hoxe, cando o normal é que en circunstancias como as de hoxe estivesen a traballar a pleno rendemento na limpeza das estradas.

Por último chámalles a atención que o silo de sal do parque de Garabolos da deputación, pese a que a previsión das nevaradas se sabía con antelación, estivese dende esta mesma mañá esgotado.

Barcia recrimina ao Presidente Provincial que para as estradas da deputación con máis trafico non se preveran as medidas necesarias para mantelas abertas.

En concreto o voceiro provincial explicou que en viais como a estrada Friol – Parga  dous camións con aves tiveron que pasar a noite enteira á intemperie e ao mediodía seguían parados no mesmo punto quilométrico moi próximo a Parga.

Exit mobile version