COMUNICADO
VALORACIÓN DA XUNTANZA DO GRUPO POPULAR NO PARLAMENTO DE GALICIA CON VARIOS ALCALDES PARA ANALIZAR A PROPOSTA DE MELLORA DA ESTRADA LU-124
O Grupo Parlamentario Popular está a estudar a información e documentación facilitada polos alcaldes de A Pontenova, Riotorto, Mondoñedo e A Pastoriza en relación coa mellora da Lu-124 ao seu paso por estes concellos e os emprazou ao pronunciamento que ao respecto desta petición realizará na vindeira semana.
En todo caso cómpre lamentar a cara dura e oportunismo do Grupo Parlamentario Socialista que hoxe vén de reclamar que se habiliten os investimentos necesarios e adopten as medidas precisas para facer realidade esta actuación, todo isto a pesar de que durante a pasada lexislatura -na que esta formación política tivo responsabilidade de Goberno na Xunta- non impulsou o inicio das obras, pese a herdar o proxecto xa elaborado e redactado a iniciativa do Goberno de Manuel Fraga.
Lamentar tamén que o PSOE, que tiña na súas mans a xestión da antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes non aprobara durante os últimos catros anos o orzamento que agora si pretende reclamar para o arranxo desta vía a través dunha emenda ás contas autonómicas para 2010. Esto da boa imaxe da hipocrisía política e do seu mínimo grado de compromiso con esta actuación.
O Partido Popular como forza de Goberno en Galicia traballa nun ambicioso proxecto de modernización das infraestruturas viarias na nosa comunidade. Gran parte do investimento da Xunta está destinado precisamente ao mantemento e mellora das estradas de titularidade autonómica. De novo o Partido Popular reafírmase neste compromiso e pon de relevo o contraste do traballo e boa disposición da Xunta con respecto ao que acontece coas estradas de titularidade provincial e estatal, onde as queixas e o malestar dos veciños polo lamentable estado de conservación das vías son múltiples e malia todo, tanto Fomento como a Deputación fan oídos xordos a calquera tipo de reivindicación, sexa cal sexa a súa procedencia.