Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP preguntará na deputación pola feira de Fitur e polas estradas

NOTA DE PRENSA
O GPPP preguntará no pleno de mañá pola situación da rede viaria provincial e polas accións promocionais desenvoltas en Fitur

Lugo, a 25 de xaneiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular interesarase mañá durante o pleno que se celebrará na Deputación polo estado de conservación e mantemento no que se atopa a rede viaria provincial.

En concreto, os populares requerirán información sobre os criterios que se seguiron para establecer as prioridades de actuación e os distintos tratamentos usados para a conservación e mantemento nos tramos da rede viaria que presentan importantes deficiencias e que nalgúns casos incluso provacaron numersos accidentes, así como as solucións que teñen previsto acometer para solventar tales problemas e cando se van a realizar.

Os populares tamén se interesarán polas actuacións que se levaron a cabo por parte da Deputación en Fitur para promocionar e difundir o potencial turístico da provincia, así como os recursos, materiais e humanos, cos que contou a administración provincial na citada feira para este fin.

Exit mobile version