Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide ao Goberno estatal que non recorte as achegas para os concellos

NOTA DE PRENSA:
Os populares rexistrarán unha moción en todos os concellos da comarca a través da que se opoñen ao tixeretazo pretendido polo Executivo socialista
OS POPULARES EMPRAZAN AO GOBERNO CENTRAL A RECTIFICAR ANTE O PRETENDIDO RECORTE DAS ACHEGAS PARA O FINANCIAMENTO MUNICIPAL

* Alerta ante a posibilidade de que a diminución de transferencias aos concellos, próxima ao 10%, repercuta negativamente na calidade dos servizos que se prestan aos veciños, así como na capacidade de levar adiante novas obras e investimentos.

A Mariña, 28 de xaneiro de 2010.- O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro Orol, reclamou no día de hoxe a rectificación do Goberno socialista ante o pretendido recorte nas transferencias coas que o Estado colabora co financiamento municipal. Os distintos grupos do Partido Popular na Mariña están a rexistrar unha moción para o seu debate nos plenos municipais instando á adopción dun acordo da Corporación dirixido a que o Executivo que preside Jose Luis Rodríguez Zapatero depoña esta neglixente actitude.

Os populares temen que o tixeretazo pretendido polos socialistas -próximo ao 10% do total das transferencias- prexudique a economía municipal e repercuta na calidade dos servizos que a administración local presta aos veciños, así como na capacidade para asumir novas obras ou acometer novos investimentos.

A pesares da propaganda e de medidas chamados a caducar no tempo, como o publicitario Plan E, o certo é que o Executivo socialista central está a restar recursos aos concellos. As entidades locais vén como día a día mingua a súa capacidade orzamentaria. Unha asfixia económica pola que o Goberno socialista pretende facer pagar ás outras administracións a súa incapacidade na xestión da crise, os seus erros en materia económica.

“Debemos reclamar que como mínimo o Goberno socialista manteña o mesmo nivel de achega de recursos que existía no pasado, aínda que o lóxico sería incrementalo”- explican os populares.

Exit mobile version