Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP insta aos responsables da deputación a que aproben o plan de conservación e mantemento da rede viaria

Nota de Prensa

O GPPP urxe á Deputación a aprobación do plan de conservación e mantemento da rede viaria provincial para 2010

González Barcia ratifícase nas súas críticas á actuación da Administración provincial nas últimas nevaradas

Lugo, a 11 de xaneiro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular insta ós responsables da administración provincial a que aproben de “inmediato” o plan de conservación e mantemento da rede viaria provincial para o ano 2010. Con este obxectivo, os populares piden que coa “máxima urxencia” se inicie a tramitación administrativa que permita darlle continuidade ó plan actualmente vixente e que expirará o vindeiro mes de marzo.

O voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia recrimina a Gómez Besteiro que a estas alturas aínda non se teñan presentados os proxectos de conservación integral da rede viaria. Insiste en suliñar que este procedemento xa debería estar en marcha, e lembra que o bipartito provincial “tragouse” un ano, xa que “cando chegaron á Deputación, estábase executando o plan deixado polo anterior equipo de goberno, que os elaboraba e executaba ano a ano”, ó tempo que puntualiza que o bipartito só puxo en marcha o que agora se está a realizar.

Coma consecuencia do anterior, o estado da rede viaria provincial sofre un importante deterioro, agravado nos últimos dous anos pola dureza do inverno.

Segundo o voceiro adxunto dos populares, os orzamentos da Deputación para o presente exercicio deixan patente que non se van a facer actuacións a maiores na rede de estradas provinciais das que veñen facendo nos dous últimos anos. Esto demostra o pouco ou nulo interese do bipartito provincial por manter en óptimas condicións un dos elementos fundamentais da vertebración do territorio da provincia.

En relación coa actuación da Deputación a raíz das últimas nevaradas, Barcia ratificouse no manifestado o pasado día 8: “o papel da Deputación durante as nevadas foi un desastre e resulta vergoñento que a Administración provincial anuncie que vai investigar a desaparición do sal do parque móbil cando os seus responsables saben que as quitaneves entraron en funcionamento o día 8 ó mediodía, hoxe luns non actuaron e as motoniveladoras, elementos moi útiles nestes casos, estiveron paradas os últimos catro días”.

Exit mobile version