Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que as listas de espera melloran na Mariña

NOTA DE PRENSA:
Os populares valoran as últimas estatísticas oficiais
O PP DA MARIÑA ASEGURA QUE A MELLOR MEDICINA CONTRA AS LISTAS DE ESPERA É QUE O PSOE PERDERA A RESPONSABILIDADE DE GOBERNO

* A pesar de ter asumido a atención médica de gran parte dos 4.297 pacientes que o Goberno bipartito deixou sen contabilizar no Hospital da Costa, a metade das consultas melloran o tempo medio de espera e 4 das 6 especialidades cirúrxicas.

* En menos de tres meses a media para o acceso a consultas reduciuse en 5 días, e en 5,7 a lista de espera cirúrxica. As demoran nunca poden ser un dato positivo pero evidencian unha tendencia descendente

A Mariña, 28 de xaneiro de 2010.- Os populares da Mariña lucense aseguran que a mellor medicina contra as listas de espera é que o PSOE perdera a responsabilidade de Goberno na Xunta de Galicia. Así o subliñan despois de lembrar que o Executivo bipartito privou de asistencia sanitaria a 4.297 pacientes da nosa comarca que formaban parte da lista de espera oculta e, polo tanto, non estaban contabilizados, segundo o resultado da auditoría elaborada no Hospital da Costa.

Desde o PP insisten en que a pesares de ter asumido a atención de gran parte deses pacientes -máis de 4.000- aos que o bipartito mantiña ocultos, e da previsible saturación que esta circunstancia implica, os datos demostran que nos últimos tres meses a metade das consultas melloran o tempo medio de espera, como por exemplo psiquiatría (-36 días), neuroloxía (-31), dixestivo (-27), oftalmoloxía (-20), cardioloxía (-34), endocrinoloxía (-14) reumatoloxía (-18) e uroloxía (-19)

Tamén son positivos os datos en 4 das 6 especialidades cirúrxicas. Ademais o Hospital de Burela como o resto dos centros hospitalarios de Galicia cumpren por primeira vez co criterio de calidade de garantir un tempo de espera para as urxencias máis prioritarias menor a 30 días (oncoloxía,…)

TENDENCIA DESCENDENTE

Malia que a existencia de listas de espera nunca pode ser un dato positivo, o PP subliña que en menos de tres meses a media para o acceso a consultas reduciuse en 5 días, e en 5,7 a lista de espera cirúrxica, o que pon de relevo unha tendencia descendente.

ISMAEL REGO CATRO ANOS MUDO

Finalmente os polares arrementen contra o deputado Ismael Rego a quen acusan de ser “cómplice” do deterioro experimentado polo sistema público de saúde na Mariña, durante a época do bipartito. “Daquela cando as listas de espera se estaban a multiplicar, cando a miles de persoas se lles negaba a asistencia sanitaria este deputado permanecía mudo, e non só iso, ademais votaba en contra no Parlamento tanto da posibilidade de realizar unha auditoria do tempo de demora, para identificar e corrixir as causas das listas de espera, e en contra tamén doutras melloras como pode ser a consignación de diñeiro suficiente para acometer a ampliación do Hospital”

ISMAEL REGO SEN CREDIBILIDADE

Tendo en conta estes antecendentes, no PP, amósanse sorprendidos pola actitude do deputado socialista den que negan toda credibilidade. Así por exemplo sinalan que era o mesmo deputado que pronosticaba a desaparición do Hospital da Costa, que marcharía cara Lugo e a súa conversión nun simple ambulatorio, algo desmentido polos feitos e pola realidade.

Lembran desde o PP tamén que a propia Consellería de Sanidade confirmou que malia que o anterior Goberno bipartito tiña previsto un plan funcional, non o dotou de orzamento e polo tanto, eran simples papeis, que poñían de relevo o seu desprezo polo Hospital da Costa e polo bo funcionamento sanidade comarcal, mentres que agora, coa nova Xunta, o orzamento destinado ás obras de mellora do centro se duplicou, segundo as previsións contidas nas contas autonómicas para 2010.

Exit mobile version