Nota de Prensa
O PP de Burela amosouse satisfeito polo compromiso da Xunta coa construcción do campo de fútbol de herba artificial de A Marosa
Burela, 25 de xaneiro de 2010.- O Partido Popular de Burela amosou a súa satisfacción pola visita que realizou hoxe ó municipio o secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete no que “unha vez máis se puxo de manifesto o compromiso da Xunta con este concello”.
O voceiro do grupo municipal José María González Barcia lembrou que o campo de fútbol de herba artificial de A Marosa foi unha actuación solicitada polo PP dende o equipo de goberno municipal en marzo de 2007. Tanto o bipartito do Goberno da Xunta como o actual goberno municipal fixeron en “multitude de ocasións” promesas a este respecto, incluso aseguraron no seu día que a propia Deputación ía participar na execución do proxecto. “O Concello chegou a consignar nos orzamentos unha partida de 300.000 euros procedente da aportación da Deputación, pero a realidade é que ata agora as promesas non se concretaron en nada. De feito será unha Xunta do Partido Popular a que retomará o proxecto e o levará a cabo”, explicou Barcia.
“Os veciños de Burela teñen cada día máis claro quen traballa e que non pola defensa dos seus intereses”, apuntillou.