Os populares consideran negativo a ausencia de axudas directas do concello ós colectivos culturais.
Pedre asegura que a mellor actuación en materia asociativa foi o acondicionamento de locais na praza de abastos, feita polo PP.
O PP reúniuse nos últimos días con Ledicia e con Buril.
O PP de Burela continúa mantendo reunións con colectivos e con veciños para intercambiar opinións sobre a vida social de Burela e ó mesmo tempio recoller as inquedanzas da cidadanía.
Nestas últimas dúas semanas, o concelleiro do PP Luis Pedre indicou que representantes do PP burelés tiveran senllas xuntanzas coa Sociedade Cultural Ledica e co Colectivo Buril. Pedre indicou que estas reunións son valoradas mui positivamente pola súa organización política, e considera que tamén foron satisfactoriamente valoradas tanto por Ledicia coma por Buril.
O concelleiro popular indicou que o PP mostrara claramente nas dúas reunións o seu rexeitamento á supresión das axudas directas do bipartito burelés ás asociacións culturais locais, e lembrou que a última gran actuación en materia cultural e asociativa foi unha obra que levou a cabo o PP: o acondicionamento dos locais da praza de abastos para seren usados polos distintos colectivos que hai en Burela e que non dispuñan de local para reunirse.
Pedre manifestou que o seu grupo político púxose a disposición tanto de Ledicia coma de Buril para colaborar no que se estime conveniente e indicou que á volta de Reis o PP retomará as reunións con veciños e con colectivos culturais e asociativos.