NOTA DE PRENSA
Os populares piden que o Estado axilice o pago das obras do Plano E.
Aseguran que o Estado débelle ó concello caseque catrocentos mil euros.
O GMPP de Burela pedirá na vindeira sesión plenaria, que ainda non tén data de celebración, que o Estado axilice o pago das obras do Plano E ó concello, xa que o concello tén pendientes de cobro cáseque catrocentos mil euros, correpondentes ó trinta por cento das obras do ano pasado.
Os populares farán esta petición a través dunha moción que xa presentaron no rexistro municipal, xa que entenden que esto causa un grave quebranto á economía municipal. As obras do plan E hai que pagalas, para logo poder reclamarlle ó goberno que envíe o trinta por cento final. Pois ben, as obras do Plano E están rematadas, ainda que non sabemos mui ben onde se puido meter millón e medio de euros, pero os cartos non chegan. O mesmo alcalde recoñeceu hai pouco na prensa que faltan por ingresar catrocentros mil euros, que é unha cifra realmente importante.
Por eso, e tendo en conta que Burela xa presentou toda a documentación das obras, cremos que o Goberno de Zapatero non debería demorarse máis aló de Febreiro do pago desa contía de cartos.
E como co Plano E do presente ano 2010, o denominado Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, pode pasar exactamente igual, entendemos que é mui conveniente que o Pleno burelés se posicione claramente na defensa dos intereses do conxunto dos cidadáns do noso concello solicitándolle ó Goberno de Zapatero que cumpla cos seus compromisos no prazo de tempo máis curto posible.