Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica as actuacións do Concello na adxudicación do novo campo de fútbol

NOTA DE PRENSA
Os populares reiteran que o BNG está desquiciado.

Afirman que o Bloque non foi capaz de adxudicar as obras do novo campo de fútbol.

O PP considera que o Bloque non fixo nada pola obra e o alcalde menos.

O Comité Local do PP de Burela reiterou hoxe estar mui satisfeito coas obras do campo de fútbol artificial da Marosa, e aproveitou para reafirmarse na impresión de que o BNG está totalmente desquiciado. Dudar da lexitimidade do PP para estar na foto, o único que demostra é sectarismo e intolerancia, cando o PP, ó día seguinte das eleccións do un de Marzo pasado, afirmou publicamente que sacaría adiante o campo de fútbol artificial da Marosa. Se seguise o bipartito na Xunta, ainda estariamos escoitando promesas e frases bonitas, pero nada máis.

Os populares recalcan que a solicitude para esta obra fíxose vai facer tres anos, co PP gobernando o concello de Burela, ainda que ó Bloque non lle gusta que se diga esto.

O Comité Local do PP de Burela, a través dos seus portavoces Raquel Río e Bruno Pedre, indicaron tamén que “no BNG, non poden presumir nin de traballo, nin de eficacia, porque en dous anos non foron capaces a adxudicar as obras; eso sí, fartáronse de facer anuncios e promesas, pero a realidade é tozuda e pón a cada quen no seu sitio: o BNG vé o deporte como un exercico de concesión de subvencións, ainda que non haxa consignación presupostaria para os convenios que asina Nieves Cando. Cuestión da que debe preocuparse especialmente, porque os mesmos clubes recoñecen que as súas escolas deportivas non poden ser gratuitas porque as promesas do concello non dan para máis”.

Por último, Río e Pedre indican que “se o BNG en materia de deporte tén ben pouco que decir, menos tén que decir o alcalde, que nunca pintou nada en todo o proceso do campo de fútbol artificial, cando el era quen tiña que liderar a realización das obras. Ainda se está agardando na Secretaría Xeral para o Deporte, coma en moitos outros sitios, unha chamada do alcalde para interesarse por algo”.

Exit mobile version