A MARIÑA .- Según datos aportados polo Observatorio do paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante o mes de decembro de 2009 os parados rexistrados aumentaron en 60, o que significa unha variación mensual do 1,42% no conxunto dos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela.