Site icon Crónica3.com A Mariña

O enfrontamento mariñán entre o C.B. Xove e o Celtas-Primera Calidad resolveuse con vitoria local por 80 a 53

O Xove gañou na casa ao Celtas (foto: Miguel Fraga)

O vindeiro encontro do Celtas é co Peleteiro (foto:Miguel Fraga)

XOVE (M.F.O.) – Os dous equipos, Xove e Celtas-Primera Calidad , afrontaban o encontro con distintas motivacións e co único obxectivo de abandonar os últimos postos da clasificación. O C. B. Xove chegaba ao partido coa moral moi alta tras gañar na pista do segundo clasificado e o Celtas-Primera Calidad fundido no ultimo posto con solo unha vitoria no seu haber e tras perder na casa.
O partido xa se decidiu no primeiro cuarto no que os locais con unha espectacular defensa e un gran porcentaxe de tiro lograron un parcial de 28 puntos por so 8 do Celtas. Os segundos dez minutos os visitantes con unha defensa en zona melloraron notablemente aínda que so puideron recortar un punto ( 42-23 ). Tras o descanso os xovenses sentenciaron definitivamente o partido marchándose a unha diferencia de 30 puntos. O último cuarto foi un mero tramite para deixar o definitivo marcador en 80 puntos a 53.
Polo C. B. Xove xogaron: Juanma(12),Andrés(22), Juan María(22), Fernando(8), Alcalde(5) –  Javi(3), Piñón(2), Álvaro(6), Ángel e José David.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Manolo(6), Miguel(4), Diego(3), Sama(19),Paco(13) –  Eduardo(3), Aarón(5), Manuel, Humberto e Brais.
Tras esta vitoria o Xove, que sae da penúltima posición, visitará a pista do Forjasa Rosalía que leva o mesmo numero de vitorias que os mariñáns.
Pola súa banda o Celtas fúndese se cabe aínda mais no último posto para recibir na próxima xornada ao segundo clasificado, o Peleteiro.

Exit mobile version