Site icon Crónica3.com A Mariña

O concerto benéfico para axudar ás vítimas de Haití previsto para o venres 22 será no Auditorio Municipal de Ribadeo

O concerto benéfico que se ía celebrar o venres día 22 de xaneiro ás 20.30 horas no Cine Teatro trasládase ao Auditorio Municipal Hernán Naval. Este concerto está  organizado pola Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a asociación Amadores da Música, a asociación cultural Musiqueando e máis o Concello de Ribadeo. O obxectivo principal desta actuación é a recollida de fondos para axudar ás vítimas do sismo ocorrido en Haití polo que se fai un chamamento á participación masiva das e dos ribadenses. O diñeiro obtido pola venda de entradas, a un prezo de cinco euros, será doado á Cruz Vermella que levará a cabo traballos de axuda á reconstrución do país.

Exit mobile version