Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Valadouro delega competencias na Axencia da Legalidade Urbanística

SANTIAGO .- O concello de Valadouro delega na Axencia da Legalidade Urbanística o exercicio das competencias competencias en solo rústico, protección dos núcleos rurais e solo urbanizable para inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística.

REFERENCIA

A AXENCIA DA LEGALIDADE URBANÍSTICA ASUMIRÁ AS COMPETENCIAS EN SOLO RÚSTICO, PROTECCIÓN DOS NÚCLEOS RURAIS E SOLO URBANIZABLE NO CONCELLO LUGUÉS DE VALADOURO

?? En virtude deste convenio, o concello de Valadouro delega neste organismo o exercicio das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística

?? Con esta adhesión serían 42 os convenios autorizados polo Consello da Xunta, asinados e publicados

?? Asinarase un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o concello para a súa adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU)

O Consello da Xunta anunciou hoxe a sinatura dun convenio de adhesión entre a Axencia da Legalidade Urbanística (APLU), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o concello lugués de Valadouro. O obxectivo deste acordo é a colaboración no restablecemento da legalidade urbanística que corresponda neste concello. Con esta adhesión serían 42 os convenios autorizados polo Consello da Xunta, asinados e publicados.

A Axencia da Legalidade Urbanística é un ente público de natureza consorcial para desenvolver, en común pola Xunta de Galicia e os concellos que se integren de maneira voluntaria nela, as funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo e o desempeño de cantas outras competencias lle asignan os seus estatutos.

A través deste acordo, axústanse as súas relacións recíprocas aos deberes de información mutua, colaboración, coordinación e respecto polos ámbitos competenciais de ambas as dúas administracións.

Responsabilidades

En virtude deste convenio, o Concello de Valadouro delega na Axencia da Legalidade Urbanística o exercicio das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en relación coas obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións, sempre que estean situadas nalgunhas das seguintes clases de solo: solo rústico, solo urbanizable mentres non sexa aprobado o correspondente plan parcial ou de sectorización, así como no ámbito dos núcleos rurais tradicional.

Nesta delegación de competencias non se inclúe a reposición da legalidade nin a potestade sancionadora en relación coas obras completamente rematadas antes da publicación deste convenio, que serán exercidas polo concello. A resolución dos recursos administrativos interpostos contra os actos emitidos pola axencia en exercicio de competencias delegadas corresponderá ao concello.

Entre outras disposicións, o municipio de Valadouro terá que prestar cooperación e asistencia activa que o organismo autonómico lle solicite para o eficaz exercicio das súas competencias; facilitarlle ao persoal da axencia o acceso inmediato aos expedientes de planeamento, xestión e disciplina urbanística, así como canta información, documentación e axuda material precise para o adecuado cumprimento das súas funcións; e contribuír ao sostemento económico da axencia nos termos que establece o convenio de adhesión.

A integración deste concello na APLU será plenamente efectiva unha vez asinado o respectivo convenio de colaboración e un día despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Exit mobile version