Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela insta a Xunta a entregar sen demora seis vivendas protexidas sen adxudicar en O Torno

BURELA (FNC) .- O Concello insta á Xunta a entregar sen máis demoras as 6 vivendas protexidas que quedaron sen adxudicar na zona do Torno. A tenente de alcalde, Neves Cando, asegura que os continuos retrasos estánlles a causar graves problemas económicos ás familias afectadas.

A edil nacionalista explicou que “dende o Concello de Burela queremos instar á Xunta para que entregue xa sen máis demora as 6 vivendas protexidas que queradan sen adxudicar de entre as construidas na zona do Torno. Lembrar que se trataba de 32 vivendas de promoción pública, das que nunha primeira fase quedaron 5 sen adxudicar e posteriormente producíuse unha renuncia, polo que quedaron para unha adxudicación 6 vivendas”.

Cando sinalou que “despois do sorteo realizado para estas 6 vivendas, que tivo lugar antes do verán, agora despois de pasados seis meses xa non hai ningunha razón obxectiva para tanta demora. Os novos adxudicatarios cumpriron cos prazos de aceptación e agora están pendentes de que dende a Xunta se formalicen os contratos e se lles entreguen as chaves das súas vivendas”.

A tamén concelleira de Benestar Social considera que “esta demora tan grande non está xustificada a estas alturas por un argumento, e en cambio sí está a causar graves problemas económicos ás familias que están a pagar alugueres noutros lados tendo xa adxudicada dende o verán unha vivenda de promoción pública. Cremos que xa é hora de que se formalicen os trámites legais para que estas familias poidan acceder á vivenda á que teñen dereito e que non se dean más retrasos inxustificados nesta entrega. A Xunta de Galicia ten que rematar dunha vez por todas este trámite porque este retraso xa non ten xustificación”.

Neves Cando engadiu que “desde o Concello puxémonos en contacto en numerosas ocasións con responsables deste tema na Consellería e despois das primeiras demoras xustificadas pola falla dalgunha documentación agora xa non é de recibo tanto retraso. Desde aquí esiximos á Xunta que atenda as demandas destas seis familias que xa levan máis de seis meses agardando pola vivenda que en xustiza lles foi outorgada”.

Exit mobile version