Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela incrementará as remuneracións dos empregado municipais no 2010

BURELA (FNC).- Os orzamentos do Concello de Burela para este ano contemplan un incremento salarial do 0’3% para os traballadores. Éste foi un dos asuntos abordados na mesa de negociación celebrada esta mañá.

O alcalde contou que “tivemos un encontro da mesa de negociación á que foron convocados o comité de empresa e os representes sindicais. Estivemos vendo o orzamento de 2010, que baixará un pouco con respecto ao ano pasado. Un descenso que repercutirá en moitas cuestións e hai que traballar e xestionar este ano finamente e con responsabilidade”.

Llano explicóulles que “hai previsto un incremento salarial do 0’3% para todos os traballadores e que imos procurar sobre todo a creación de emprego durante todo o ano. Hai plans de cooperación, pero tamén temos un acordo para investir neste campo o remanente de 9.000 euros que temos do complemento de productividade, e hai que tentar realizar obradoiros e cursos do plan FIP. Tamén estivemos falando dos plans de pensións e da formación. Agora tentaremos vernos de novo en febreiro para analizar as cuestións que plantexaron  e para seguir mantendo unha boa relación co comité de empresa e cos representantes sindicais”.

Donación de libros

O rexedor de Burela agredecéulle á oficina de Banesto en Burela a donación de libros que fixo para a biblioteca pública municipal. Alfredo Llano sinalou que “se trata dunha enciclopedia Espasa que fará unha boa labor para a formación dos que acuden á biblioteca. Tamén donaron dous atlas, un deles universal e outro de España e tamén dous tomos de historia recente. Quero agradecerlle a Banesto o detalle que tivo con oso Concello e agardo que sexa aproveitada esta donación por todo o público que queira acudir á biblioteca”.

Exit mobile version