Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela colabora na organización dunha cea para recadar fondos para Haití

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela colabora na organización dunha cea na que se recadarán fondos para Haití, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano. Terá lugar o venres 22 de xaneiro ás 22 horas no Palacio de Cristal. O prezo do prato será de 25 euros. Os fondos recadados serán ingresados nunha conta da Cruz Vermella.

O empresario e organizador, David Rivas, asegura que “hai moitas firmas colaborando con nós, moitos dos meus provedores e o Concello están a facer todo o que poden para a celebración desta cea coa que pretendemos axudar un pouquiño a ese pobo que tan mal o está pasando. A esta xente faille moita falta o apoio e nós de momento arreglámonos co que temos, incluso o persoal que servirá a cea non vai cobrar polo seu traballo. Todos queremos ser solidarios cos haitianos”.

Rivas convida á xente a participar nesta cita “os interesados deben anotarse para retirar as súas tarxetas no Palacio de Cristal porque as prazas son limitadas. A capacidade que temos é de 130 comensais. O menú que serviremos estará composto por ameixas á mariñeira, pescada rechea de marisco, tenreira en salsa e sobremesa”.

Exit mobile version