Site icon Crónica3.com A Mariña

Últimas prazas para participar na viaxe que organiza Xaime Cancio a Festa do Butelo na Fonsagrada

O concelleiro socialista focense, Xaime Cancio, promove unha viaxe, para o sábado día 6 de febreiro, a Festa do Butelo na Fonsagrada. No custe da viaxe, 28 euros por persoa, vai incluído desprazamento e xantar así como unha visita a Grandas de Salime.
Para anotarse ou recabar maior información, as persoas interesadas poden dirixirse a Xaime Cancio ó telefono 609 822 649 ou por correo a xaimecancio@edu.xunta.es, a Viaxes Rodríguez ou Caixanova en Foz.

Exit mobile version