Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reunirase co sector pesqueiro da Mariña en Burela e Celeiro

NOTA DE PRENSA;
O Bloque Nacionalista Galego manterá o Venres 22 de Xaneiro un encontro con representantes do sector pesqueiro da Mariña a fin de analizar a situación que atravesa e tamén para dar a coñecer as propostas que os nacionalistas temos na materia.

A xornada de traballo comezara ás10:30 no Salón de Xuntas de ABSA cos membros do Consello de administración da entidade con sede Burela. Posteriormente os membros da Executiva Comarcal do BNG que estarán acompañados cos portavoces municipais de Burela e Viveiro e co Portavoz do BNG en materia pesqueira, Bieito Lobeira, manterán unha xuntanza en Porto de Celeiro.

A fin de dar conta dos acordos e das conclusións desta xornada convocámosvos a unha Rolda de Prensa o Venres 22 de Xaneiro ás 12:00 h.no salón de xuntas de Porto de Celeiro.

Exit mobile version