Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo solicitou aos gobernos da Xunta e do Estado a acollida transitoria de nenos haitianos

RIBADEO (FNC) .- O alcalde ven de enviar sendas cartas aos presidentes do goberno estatal e da Xunta nas que lles propón unha acollida temporal e transitoria de nenos haitianos en Ribadeo, mentras a situación naquela zona non mellore.

Fernando Suárez asegura que “moita xente ao longo de todos estes días se dirixiu a nós para pedirnos que desde Ribadeo tamén fagamos algo por esta situación tráxica que están vivindo tantos milleiros de haitianos, singularmente nenos e nenas. De aí que desde o Concello de Ribadeo plantexemos esta inicitiva, con toda a prudencia necesaria, pero aproveitando a experiencia que xa temos en programas similares, salvando as distancias, como pode ser Vacacións en paz, estes nenos saharauis que ano tras ano están en réxime de acollida aquí con varias familias do noso concello”. O rexedor engade que “esto foi o que nos levou a dirixirnos a José Luis Rodríguez Zapatero e a Alberto Núñez Feijoo para propoñerlles en primeiro lugar ao presidente do goberno estatal, por ser o que ten a potestade en materia de relacións internacionais, que Ribadeo poida acoller de forma temporal e transitoria a unha serie de nenos, que estimamos nuns 10 nun primeiro momento, e para iso contaríamos coa axuda dunha serie de familias que se poderían facer cargo de maneira temporal do coidado e da atención destes nenos”.

Suárez Barcia suliña que “para iso o Concello de Ribadeo estaría en disposición, senón hai outro xeito de resolvelo, de pagar a viaxe en avión destes nenos. E todo isto require do beneplácito do goberno do Estado, ainda que tamén nun segundo lugar precisamos da colaboración da Xunta de Galicia, para os contrais sanitarios pertinentes, a asistencia ás familias desde os servizos sociais e xa no edio educativo tamén se podería traballar desde diferentes espazos para atender a estes nenos”.

O alcalde de Ribadeo considera que “é algo que se pode facer perfectamente, que non queremos ser alleos en Ribadeo, como nunca o somos, a este tipo de accións solidarios, e queremos aproveitar para tender a man e ofrecer a disponibilidade e a boa disposición tanto do Concello como de moitas familias deste Concello que teño a honra de presidir”.

Exit mobile version