Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo agarda unha oposición unánime á posible marcha do ISM da vila

RIBADEO (FNC) .- O alcalde agarda unha oposición unánime de todos os grupos políticos á posible marcha do ISM de Ribadeo.

Fernando Suárez referíuse hoxe ás intencións do ISM de deixar a praza de Ribadeo para concentrar a súa actividade noutro concello da costa. O rexedor sinalou que “nós desde o Concello, e digo nosoutros como toda a Corporación hai xa máis dun ano reclamamos aos diferentes departamentos das administracións que están aínda a día de hoxe no que é a Casa do Mar, reclamámoslles que tiñan que deixar ese edificio dado que é municipal, dado que no ano 1979 a Corporación Municipal naquel momento o cedeu para Casa do Mar, o prazo venceu e ese edificio necesítao o Concello de maneira urxente para facer alí a Casa da Música”.

Suárez Barcia manifestou que “a parte de que foi aprobada por unanimidade esta previsión, sabemos que se están a dar pasos por parte da Xunta de Galicia, que xa renunciou a seguir neste inmoble como os diferentes departamentos da Administración Periférica do Estado como ISM, como un despacho que ten a Tesorería Xeral da Seguridade Social… en todos os escritos que nós lles diriximos nunca demos pé a que se vaian de Ribadeo, senón que sempre lles indicamos que é necesario que nos deixen libre ese sitio e que o Concello, que non ten porqué pero que de maneira activa quere facelo, ofrece unha situación alternativa para que sigan mantendo as oficinas aquí en Ribadeo”.

O alcalde engadiu que “no caso do ISM si se quere ir de Ribadeo, que nosoutros non queremos que se vaia, non é porque nós o botemos nin moito menos e mais estámoslle a ofrecer unha localización, senón querer gastar máis, no propio Concello, aínda que podería haber outras posibles como na confraría ou noutros lugares de Ribadeo. Desde aquí opoñerémonos, desde o punto de vista político, e agardo unanimidade nese sentido. Sei que algún grupo da oposición presentou algunha moción e entendo que non terán ningún problema en que sexa apoiada. De todas formas a quen lle compete a determinación ou a decisión final non é ao Concello, senón ao ministerio do ramo do goberno do Estado. O compromiso de Ribadeo co ISM é claro e quero despexar toda dúbida de que a localización actual non quita que siga en Ribadeo”.

Exit mobile version