CERVO .- O alcalde de Cervo recoñece que o museo da Casa da Administración estivo pechada por vacacións “durante uns días” e negou que estivera pechada durante un mes.
NOTA DE PRENSA
O ALCALDE DE CERVO NEGA QUE O MUSEO HISTÓRICO DA CASA DA ADMINISTRACIÓN ESTIVERA PECHADO UN MES
Cervo, 8 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, negou hoxe as acusacións do voceiro nacionalista, Xoán Antón Estúa, nas que aseguraba que a Casa da Administración de Sargadelos estivera pechada durante un mes. O rexedor admitiu que o museo e sede do Real Patronato de Sargadelos estivo pechado durante uns días a causa da concesión de vacacións da persoa encargada de atender este inmoble, “pero nunca chegou a estar pechada un mes, tal e como quere facer crer o señor Estúa, se non que persoal do Concello supliu esta baixa”.
Villares aproveitou para lembrarlle ao representante nacionalista que na recente visita da delegada provincial da Xunta, a responsable autonómica puido comprobar o “absoluto abandono e nulo mantemento” das instalacións por parte dos anteriores responsables da Xunta de Galicia. “Tiveron catro anos para preocuparse das eivas do edificio e sen embargo non fixeron nada por el. Agora, cando volven a estar na oposición, é cando se lembran del e teñen a desvergonza de querer agochar a súa irresponsabilidade a través de falsas acusacións”.
Por último, o alcalde tamén dubidou da forma na que se levou a xestión do devandito inmoble nestes últimos anos, “xa que nesta mesma visita da delegada provincial, puidemos comprobar que o uso que se lle esta a dar a algunhas das dependencias desta casa non se axusta precisamente aos fins para os que nun principio estaba previsto”