Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo di que non inventou o compromiso da deputación de ampliar o Museo do Mar de San Ciprián

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, non quixo entrar a discutir si existía ou non un compromiso en firme da Deputación para a compra destes terreos, aínda que retou ao representante do BNG na corporación a que desmentira “si se atreve” a existencia dun acordo plenario promovido por el mesmo mediante o cal se solicitaba da Deputación a adquisición destes terreos para ampliar o Museo do Mar.

Nota de Prensa

VILLARES PIDELLE AO VOCEIRO DO BNG NO CONCELLO RESPETO  PARA OS VECIÑOS DE CERVO

Cervo, 12 de xaneiro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, rexeitou hoxe as acusacións do voceiro nacionalista na corporación municipal “e suposto asesor da área de Cultura na Deputación de Lugo” nas que o acusaba de “terse inventado” o compromiso da Deputación para ampliar as instalacións do Museo Provincial do Mar de San Ciprián.

Villares non quixo entrar a discutir si existía ou non un compromiso en firme da Deputación para a compra destes terreos, aínda que retou ao representante do BNG na corporación a que desmentira “si se atreve” a existencia dun acordo plenario promovido por el mesmo mediante o cal se solicitaba da Deputación a adquisición destes terreos para ampliar o Museo do Mar. “O único que esixo é que este señor e o partido político que o sustenta se deixen de cinismos; que sexan coerentes e cumpran co que reivindicaban, promovían e axitaban diante da opinión pública cando no tiñan ningunha responsabilidade de Goberno”.

O alcalde recomendou tamén “máis educación” ao asesor na Deputación e voceiro do BNG local “porque as súas manifestacións son unha falta de respecto aos veciños de Cervo e transmiten unha absoluta falta de saber estar no cargo que desempeña”. Villares asegurou que a única pretensión do nacionalista é lanzar unha cortina de fume contra da súa persoa para tentar eludir “o evidente: que nos orzamentos da Deputación non está previsto investir ningún carto na ampliación do Museo do Mar.  De non ser certo o que digo este señor xa tería desmentido tal cousa, pero como non pode facelo o que lle queda é tentar desviar a atención da xente mediante acusacións cínicas e balbordos baleiros de contido” indicou o alcalde.

“O único que lle pido aos voceiros dos grupos municipais na corporación local é que sexan consecuentes cos discursos, iniciativas e acordos que promoven cando están facendo de oposición en Cervo, porque cando chegan a Lugo a desenvolver tarefas de responsabilidade no Goberno provincial parece que se esquecen do que pregoan aquí” dixo Villares. Asegurou tamén que “de palabras carentes de feitos tanxibles procedentes da Deputación xa estamos fartos en Cervo” e esixiu do organismo provincial “vontade verdadeira” para garantir a ampliación do Museo do Mar, “porque do contrario, dubido que os veciños de Cervo, e de San Ciprián en particular, podan entender cales son as razóns que moven a estes señores a non formalizan dunha vez por todas o compromiso de compra destes terreos e adicalos así á ampliación e á posta en valor dunha institución creada polo pobo de San Ciprián que forma parte do patrimonio non só de Cervo, se non tamén de tódalas xentes do mar da provincia de Lugo” asegurou.

Exit mobile version