CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, confirmou hoxe que a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, visitará o Concello de Cervo o vindeiro luns, día 18, a partires da unha e cuarto do mediodía.
Segundo indicou, a visita a Cervo da conselleira -a segunda que fai dende que tomou posesión ao fronte da carteira de Traballo e Benestar- enmárcase dentro da boa e fluída relación existente entre a Consellería e o Concello de Cervo. Villares non quixo adiantar o contido da visita de Mato, aínda que afirmou que a estadía da conselleira servirá “para pechar compromisos moi importantes para o Concello de Cervo referentes á súa Consellería nos que vimos traballando dende hai moitos anos e que a pesares dos atrancos impostos polos anteriores responsables na Xunta, parece que por fin imos poder solucionar” asegurou.