BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, sorprendido polas declaracións dun sindicato da Garda Civil, afirma que “eu estou para colaborar institucionalmente coas forzas do orden”. Llano explico que, para zanxar xa este asunto, o día 31 de decembro realizáronse unha serie de denuncias sobre o ruído na rúa e a Garda Civil fixo o que tiña que facer, pero a orden non a deu o alcalde”. A Garda Civil actuou de forma responsable e contundente e fixo perfectamente o seu traballo, subliñou.
Nota de Prensa
Garda Civil
(..) o alcalde burelés amosóuse sorprendido polas declaracións efectuadas nas últimas horas desde un sindicato da Garda Civil sobre a polémica suscitada co peche de pubs na noite de fin de ano. Llano suliñou que “eu sempre colaborei e colaborarei coa Garda Civil en todos os asuntos que me demanden. Eu estou para colaborar institucionalmente coas forzas do orden. E o único que digo para zanxar xa este asunto é que o día 31 de decembro realizáronse unha serie de denuncias sobre o ruido na rúa e a Garda Civil fixo o que tiña que facer, pero a orden non a deu o alcalde”.
O rexedor reiterou que “a Garda Civil actuou de forma responsable e contundente e fixo perfectamente o seu traballo, e así o dixen desde o primeiro día en que fixen declaracións sobre este asunto. Eu estou de acordo e apoio esa actuación da Garda Civil, nunca dixen que non exerceran o seu traballo, eso non sei quen o inventou e quen me conoce sabe que eso non o fixen e así quedou recollido na prensa e na radio… eu dixen que cando había unha denuncia había que actuar e así o fixeron”.
Llano aludiu á nota do sindicato da Garda Civil “dicir que había establecementos que carecen de licencia non é certo, posiblemente algún estivera en trámite de facer un cambio de licencia e ese mesmo local que é titular desa licencia en canto renuncie procédese ao peche. Conscentemente non temos ningún establecemento aberto que non teña licencia e eu quero rematar dunha vez con este asunto. A alcaldía estará sempre para axudar á Garda Civil, para nada desvirtuei a súa labor o día 31 de decembro ao contrario, nin a Garda Civil ten culpa dos peches nin a alcaldía tampouco, o único que se fixo foi actuar con responsabilidade”.