Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela explica as circunstancias do peche de locais de copas na madrugada do ano novo

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que o equipo de goberno nada tivo que ver no peche de locais de copas que se produciu na mañá do pasado 1 de xaneiro. Llano sinala que a Garda Civil actuou despois das denuncias efectuadas por particulares e que o fixo con responsabilidade e eficacia.

O rexedor explicou que “nós tiñamos unha notificación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería na que se solicitaba unha ampliación de horario, nós concedemos esa petición nunha hora nos días normais destas festas de Nadal, por exemplo si un pechaba ás catro e media podía facelo durante estes día ás cinco e media. E en canto á noite de fin de ano consideramos que cada un podía pechar de xeito voluntario á hora á que os seus locais fosen quedando baleiros. Non había un horario concreto establecido para fin de ano”.

Alfredo Llano sinalou que “despois de producirse algunha denuncia de particulares por exceso de ruído a Garda Civil actuou de oficio e empezou a pechar os locais. Neste caso nada tivo que ver a alcaldía, nós o único que fixemos foi favorecer esa petición que nos realizaron os empresarios de hostalería baseada na boa harmonía e na convivencia que debe existir entre uns e outros e dada a especial connotación do día de fin de ano”.

O alcalde insistiu en que “nós non tivemos nada que ver nos peches, pero eso non quere dicir que ante casos coma este se teña que actuar con responsabilidade e eficacia ante as denuncias que se poidan producir”.

Exit mobile version