BARREIROS(FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que o convenio para desbloquear o urbanismo marcha a bó ritmo. Agora só están pendentes de ter listas as actas de renuncia dos promotores e a facer cuadrar as axendas das catro persoas que o asinarán.
O rexedor popular asegurou que “imos a ritmo de cruceiro porque convocamos a unha serie de promotores para a xornada de onte, viñeron asinar as actas de renuncia ás indemnizacións e outros quedaron para mañá. Hoxe mesmo falei co conselleiro Agustín Hernández e díxome que o convenio vai a bó ritmo, estamos pendentes de ter todas esas de renuncias asinadas e a partir de aí concretar as axendas e firmar ese convenio”.
Fuente Parga amosouse “sorprendido por unha nova que saiu hoxe nalgún medio dicindo que a Xunta retrasa este convenio. Eso é rotundamente falso porque a Xunta o que está é apurando todo ao máximo para proceder a asinar canto antes, pero imos ser conto que catro persoas porque a Deputación vai participar ou debera de participar neste asunto e temos que axustar as axendas de catro persoas. Como tamén tiñamos que ter estas actas de renuncia firmadas e se convocou aos promotores para esta semana neso estamos neste momento. Todo vai a bó ritmo e para o Concello é unha satisfacción grande que esto saia adiante, que todo volva á normalidade e que se poña sentido común neste tema”.
Resposta ao BNG
O alcalde tamén aludiu á petición que efectuou nas últimas horas o BNG para que se convoque á xunta de voceiros de cara a analizar este asunto. Alfonso Fuente sinalou que “no Concello de Barreiros hai un equipo de goberno que é o que toma as decisións que ten que tomar, as máis adecuadas en cada momento e eu creo que por parte dalgún grupo político da oposición, neste caso do BNG, xa se entorpeceu e se boicoteu bastante todo este proceso… eu xa lin declaracións deste señor sin coñecer o convenio, este señor descoñece o convenio e xa fala del. Eu creo que son cousas que non hai que entorpecer, aquí hai unhas partes que son promotores, Xunta e Concello e cada un deles ten os seus órganos de goberno e os seus administradores. A Xunta ten un equipo de goberno que está decidindo e o Concello ten un equipo de goberno que é o que vai decidir e nada máis. E da Deputación se está a convocar ao seu presidente e este señor si quere participar no convenio como él é deputado provincial que lle pida ao presidente que quere estar na sinatura, ¿porqué non llo pide ao presidente da Deputación e sí ao alcalde de Barreiros?… estamos na mesma mesa ¿non?”.