A Concellería de Cultura de Xove organizou a Cabalgata de Reis co persoal de distintos departamentos do concello, en especial un nutrido grupo da asociación de Mulleres Bolboretas, e persoas a título particular. A todos eles, o Concello exprésalles o máis sincero agradecemento polo traballo e a colaboración. A actividade dos Reis comezou coa visita á Residencia da Terceira Idade, acompañados na mesma polo Alcalde Demetrio Salgueiro. Despois os Reis desprazáronse ao entorno do campo municipal de fútbol para dar comezo á Cabalgata. os Reis desprazáronse ata o Salón de Actos do Centro Cívico para facer entrega dos premios do Concurso de Postais que nesta edición tivo os seguintes gañadores: Categoría Preescolar: 1º Héctor Fernández Fernández, 2º Luis Rouco Basanta e 3º Carlota López Santendreu. Categoría de 1º e 2º de Primaria: 1º Ángel Otero Pigueiras, Candela Fernández López e 3º Xerome López Sentandreu. Categoría de 3º e 4º de Primaria: 1º David Otero Pigueiras, Mateo Fernández López e 3º Nerea Rivas Balsa. Categoría de 5º e 6º de Primaria: 1º Alba Rodríguez Lage. Categoría de 1º a 4º de ESO: 1º Estrella del Alba Soto López, 2º José Matias Duarte Araya e 3º Daniel López Fernández.