NOTA DE PRENSA
OS SOCIALISTAS DENUCIAN A INTENSIDADE DO DETERIORO DAS LISTAS DE ESPERA NA NOSA COMUNIDADE
– O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose preguntoulle a Núñez Feijoo “si isto formaba parte dalgún programa electoral”
– Afirma que hai un deterioro grave de case tódolos Hospitais e especialmente en Santiago, Burela e Coruña
-Sobre as consultas asegura que de 29 especialidades empeoraron 25, das que citou: anestesia, cardioloxía, dixestivo, nefroloxía, reumatoloxía, radioterapia, oncoloxía e hematoloxía
-Denuncia que o tratamento para pacientes con radioterapia teñen que esperar 35 días, e no ano 2008 o tempo de espera é de 9 días
-Pediulle que faga publicas as listas de espera non estrutural, das que sinala aumentaron un 40%
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2010. O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose avaliou hoxe, en rolda de prensa, os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade sobre as listas de espera.
Pose denuncia que os datos son tan malos que ata os socialistas que esperabamos e sabiamos que ían a ser malos “pero sorprendeunos a intensidade do deterioro da situación”, espetou. E advertiu os datos din o que din, e non o que di a Conselleira.
Lembra ademais que as estatísticas que publica a Consellería de Sanidade corresponden a un sistema que esta lexislado e definido.
O portavoz de Sanidade sinala que entre que os datos son malos e o intento de mentir da Conselleira “por moito menos outros responsables políticos teñen dimitido ou os teñen cesado”. Insistiu nas súas criticas e preguntoulle a Núñez Feijoo “si isto formaba parte dalgún programa electoral”.
Coas cifras na man Modesto Pose afirmou que dos 15 Hospitais que temos na Comunidade Autónoma , 9 empeoraron os datos. E deses 9 hai un deterioro grave na accesibilidade a eses Hospitais, e moi especialmente en Santiago, Burela e Coruña. Dixo ademais que en 8 meses de Goberno do PP “non melloramos nada, e algún Hospital pasou ao dobre o seu incremento nas listas de espera”. Explicou que en cirurxía, de 14 especialidades empeoraron 12. Tamén subliñou que houbo un empeoramento graves nas especialidades de xinecoloxía, cirurxía xeral, cirurxía infantil, neurocirurxía e maxilo facial.
No que se refire as consultas Pose asegura que de 29 especialidades empeoraron 25. E puntualizou que teñen un deterioro grave as consultas de; anestesia, cardioloxía, dixestivo, nefroloxía, reumatoloxía, radioterapia, oncoloxía e hematoloxía.
Pose denuncia as “mentiras” da Consellería de Sanidade sobre estes datos. O portavoz de Sanidade sinala que do análise dos mesmos podemos ver as “falsidades da Conselleira”. E puxo como exemplo o tratamento para pacientes con radioterapia “no ano 2008 había que esperar 9 días, e hoxe hai que esperara 35 días” denunciou. Estas cifras supoñen un incremento de 24 días no seu tratamento, por todo isto o deputado reclamoulle que “non engane aos cidadáns, cando di que prioriza os paciente graves”. Tamén sinalou a consulta de hematoloxía das que se dixo que “se duplican as súas cifras”. E insistiu “isto vai mal, moito peor do que nos imaxinabamos”.
Na rolda de prensa Pose diferenciou entre a lista de espera estrutural e a non estrutural–pacientes que non foron intervidos por causas alleas aos medios sanitarios– e incidiu en que esta última non se publica, aínda que Farjas utilizouna” en verán para denunciar supostos pacientes “agochados” polo bipartito. “Esa lista aumentou un 40 por cento”. Nese senso pediulle a responsable autonómica “que as faga publicas agora”.
Hospital de Vigo
Por último o deputado socialista aludiu a presentación do Plan de Viabilidade do Hospital de Vigo. Pose dixo que estudaran con detenimento este Plan realizado por unha consultora, do que sinala que retrasan a súa licitación un ano e medio respecto ao anterior. Denuncia que están planificando esta infraestrutura hospitalaria para que nas eleccións municipais “se vexan alí catro tablas” e advirte ademais que “Feijoo non gastará un só euro nesta lexislatura no Hospital de Vigo”. Sinala ademais a que día de hoxe non se sabe canto vai custar pero vaticina un mínimo de 500 millóns de euros cun sobre custe evidente “e tocaralle pagalo de herdanza aos nosos tataranetos, cun suculento negocio”. Dixo que dende o PSdeG-PSOE opoñeremos sempre a este modelo de xestión “xa que é ingobernable, insolidario e acabara deteriorando sanidade publica”.