Site icon Crónica3.com A Mariña

Ginés Rodríguez recuperou o liderado da liga senior de bolos de Xove

XOVE .-Desenvolveuse a tirada de bolos na localidade de Lago, co campo un pouco húmido, pero en perfectas condicións, nunha tarde moi fría, que sen dúbida afectou ao xogo.

Liga Senior.- Cambio outra vez na cabeza da clasificación; a victoria de Ginés permítelle recuperar o liderato, encabezando con 81 puntos, seguido de José Rafael con 77, e xa moi alonxado César Cancelos con 57. Polo tanto, a tenor da clasificación, e tal como están as cousas, se non hai un cambio radical, Ginés e José Rafael vanse pelexar polos dous primeiros postos da clasificación final, e o terceiro César Cancelos pelexará polo terceiro escalón do podio cos seus inmediatos perseguidores, Moisés Rodríguez con 53, José Manuel Cociña con 45, José Antonio Rodríguez con 34, etc. Pero ben, inda poden variar moitas cousas, dado que se trata da primeira tirada da segunda volta, e quedan 8 xornadas por disputar.

Liga Sub 18.- O líder Jose Vigo demostra semana a semana que o seu non é casualidade, cunha firmeza e regularidade encomiable. O seu segundo posto permítelle manterse comodamente no liderato e seguir ampliando a vantaxe con respecto aos seu máis inmediatos perseguidores. Tal como está xogando, é o clarísimo candidato ao trunfo final, dado que o actual campión Andrés Rodríguez está a sufrir unha crise de xogo e está moi lonxe do nivel mostrado nas dúas últimas temporadas. Polo tanto, o resto dos xogadores (Cristian Rodríguez, Óscar Pérez, Alex Meitín e Andrés Rodríguez), que van nun auténtico pano na clasificación, terán que pelexarse de aquí ao final pola 2ª e 3ª posición finais, dado que o primeiro posto cada vez lles queda máis lonxe.

Liga Feminina.- Carmen Roca suma unha nova victoria, a 6ª nesta temporada, o que lle permite liderar con 45 puntos, seguida de Dolores Baño con 38; ámbalas dúas están liderando comodamente o campionato, e o seu nivel está claramente por riba das súas compañeiras, poloa que nesta segunda volta, se non hai ningún cambio extraordinario, Carmen e Dolores vanse disputar o trunfo final.

A Vindeira tirada, e primeira da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O SÁBADO, 16 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE LAGO (9 XANEIRO 2010) ====  35  INSCRITOS:  21   NA LIGA SENIOR,    5  NA LIGA SUB 18  E      9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 174 12
SEGUNDO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 159 10
TERCEIRO MARCELINO RORÁIGUEZ ÁLVAREZ 130 8
CUARTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 128 7
QUINTO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 116 6
SEXTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 115 5
SÉTIMO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 115 4
OITAVO JOSÉ  GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 113 3
NOVENO FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO 110 2
DÉCIMO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 103 1
MELLOR BOLADA CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 62 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 133 6
SEGUNDO JOSE VIGO LAGE 132 4
TERCEIRO ALEX MEITÍN SERANTES 108 3
CUARTO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 103 2
QUINTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 59 1
MELLOR BOLADA CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 55 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 60 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 49 4
TERCEIRO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 39 3
CUARTO DOLORES PÉREZ MIGA 39 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 31 1
Exit mobile version