Site icon Crónica3.com A Mariña

Fitur

“Tomei esta decisión para axustar ó máximo os presupostos do concello e así evitar a presenza en Madrid durante uns días xa que non é necesaria pois de todos os xeitos Ribadeo estará ben representado no stand de Turgalicia”.Coas verbas que anteceden, o alcalde de Ribadeo, explicaba as razóns da ausencia de políticos ribadenses en Fitur.Todo un rasgo de sensatez e honestidade porque,¿que fan naquela feira os nosos edís? Dende hai anos A Mariña, no seu conxunto, con auto-exclusión incluída, acode solidariamente ó popular evento, baixo o paraugas de Turgalicia; é dicir, todos e cada un dos seus concellos non só están representados, senón que alí se leva a cabo todo o traballo de información, suxerencias e demais por parte das persoas encargadas do cometido: os técnicos das tres comarcas, colaboradores, azafatas, etc.e polo tanto o obxectivo está cuberto: outra cousa puidera ser que non se considerara óptimo o funcionamento dos mesmos; nese caso habería que tomar medidas para melloralos..Sempre defendemos esta opción, mesmo cando cada concello acudía de forma independente: o sete de febreiro de 1994 (hai 16 anos…), en artígo que intitulamos “O virus de Fitur”, decímaos: “ … Ningún pobo de A Mariña ten por si só atracción nen servizos que podan espertar o interese que xustifique ás axencias de viaxe tal destino… “A Mariña debe estar na edición anual de Fitur, dende a racionalidade, aglutinando nunha única mostra todo o seu potencial, proporcionando ós profesionais do sector toda a información referida á comarca. Hai anos que, clamando no deserto, vimos suxerindo este plantexamento. Son razóns de eficacia e economía as que nos levan a defender tal proposta; premisas ambas que lamentablemente se botan pola borda con demasiada frecuencia, en aras de outros intereses alleos á cidadanía”.Pero acudir unidos con quere dicir asistir todos, mais ben ó contrario, debe obviar tal feito, e os miles de euros que implica tales desprazamentos e estancias innecesarias investilos nalgún tipo de promoción ó longo do ano, cuestión que en nada ocupa ós nosos rexedores que, eso si, esperan con ansia a anual peregrinaxe estéril a Fitur. Parabéns, señor alcalde de Ribadeo.

Exit mobile version