A asociación de veciños xunta parroquial de Fazouro organiza unha nova edición da festa do cocido, como cada ano por etas datas, e invitan aos veciños e veciñas de A Mariña a participar na celebración gastronómica que se celebra o día 30 de xaneiro. Actuará o grupo focense Kentaki que actúa por primeira vez en Fazouro. Durante a celebración sortearase a tradicional “cesta do cocido”. O prezo será de 20 euros e as tarxetas poden retirarse nos bares de Fazouro ou chamando ao telefono 636 068 807,antes do 28 de xaneiro