Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña colabora con Haiti participando en actos solidarios organizados por distintas entidades

O comedor do restaurante Palacio de Cristal de Burela estaba cheo de xente solidaria con Haití

O comedor do restaurante Palacio de Cristal de Burela estaba cheo de xente solidaria con Haití

A MARIÑA .- Veciños de A Mariña participan nas actividades que entidades públicas e privadas organizan para recadar fondos co fin de axudar ó pobo de Haiti, asolado por un sismo.
O venres celebrouse unha cea solidaria no restaurante Palacio de Cristal, en Burela e a  recadación da mesma ingresarase nunha conta da Cruz Bermella. O Casino Club Náutico de Viveiro promove una actividade solidaria con Haití similar para o día 30 de xaneiro.
O venres tamén se celebrou un concerto solidario por Haití no auditorio Hernán Naval de Ribadeo. Para a semana en Foz, comezan unha campaña solidaria.
O listado de contas de entidades bancarias nas que se poden facer donacións mantena publicada UNICEF.

Exit mobile version