Site icon Crónica3.com A Mariña

Discrepa o PP de Burela do presuposto municipal do pasado ano

Nota de Prensa

Os populares afirman que o bipartito presupostou para 2009 seiscentos cuarenta e cinco mil euros de ingresos que non se efectuaron.

O PP di que se tiña que ter feito unha revisión do presuposto para reducir o gasto na mesma contía .

Afirman que xa alertaron deste desvío no pleno de Xullo de 2009.

O PP de Burela afirmou hoxe que os datos referidos ós ingresos efectuados polo concello no ano 2009, a 21 de Decembro pasado, confirman que o bipartito presupostou seiscentos corenta e cinco mil euros como ingresos, que non se chegaron a efectuar.

As contías máis importantes son as referidas ó imposto sobre construccións, na que se deixaron de ingresar douscentos corenta mil euros; as licencias urbanísticas, cun desfase de cento oito mil euros; ou a tasa por vados, na que se presupostaron uns ingresos de cen mil euros, e en realidade cobráronse a 21 de Decembro só corenta e dous mil euros. Significativo resulta que se consignou unha partida de trinta mil euros de ingresos por venta de publicacións e prezo público de actividades, cando só se recaudaron douscentos sesenta e oito euros.

Igualmente, e tal e como avanzou no seu día o PP, Burela ingresou un millón catrocentos setenta mil euros no que lle corresponde na participación nos tributos do Estado, cando o bipartito presupostou un millón cincocentos setenta mil, co que se deixaron de ingresar cen mil euros por culpa da política económica de Zapatero e do PSOE, coa axuda do BNG. Lembramos que o PP presentou unha moción a este respecto, que foi rexeitada polo bipartito burelés, nun alarde de hipocresía e engano ós cidadáns.

En cambio, o gasto do bipartito efectuouse igual, como se se tivesen ingresado eses seiscentos corenta e cinco mil euros, o que demostra o descontrol político sobre os cartos de todos os bureleses, e que confirma que os socialistas e os nacionalistas son uns manirrotos que xogan alegremente cos cartos dos demáis.

Os populares lembran que esta situación xa foi posta de manifesto no pleno de Xullo do pasado ano, na que se deu conta da execución do presuposto de 2009 a trinta de Xuño. Naquel pleno, o PP alertou sobre o desfase, perxudicial para o concello, en certas partidas de ingresos, e xa advertía que era practicamente imposible correxir o desfase porque se constataba a caída de ingresos. Pois ben, a proposta do PP era contundente: modificar o presuposto á baixa, para axustar os gastos ós ingresos. O bipartito negouse, e agora atopámonos cun burato de máis de seiscentos mil euros, ou sexa, cen millóns das antigas pesetas, porque dubidamos moito que desde o día 21 de Decembro hasta fin de ano se poida recuperar algo desa contía de seiscentos corenta e cinco mil euros; como moito, corenta ou cincuenta mil euros.

Esto, segundo o PP, compromete seriamente a solvencia e a liquidez do concello. Os únicos responsables son os membros dos bipartito, que demostran por onde pasan, e tamén en Burela, que a despilfarrar os cartos de todos non hai quen lles gañe.

Exit mobile version