Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PSOE que o alcalde de Cervo impide que a oposición participe na elaboración dos proxectos do PlanE 2010

NOTA DE PRENSA
O ALCALDE DE CERVO EVITA QUE A OPOSICIÓN PARTICIPE NA ELABORACIÓN DOS PROXECTOS DO PLAN E 2010
O GMS CONSIDERA QUE ISTA ACTITUDE EVIDENCIA QUE O ALCALDE É INCAPAZ DE FAVORECER A COLABORACIÓN ENTRE GRUPOS EN FAVOR DOS VECIÑOS
CERVO, 28 DE XANEIRO. A falta de democracia e intolerancia do alcalde de Cervo volve a mostrarse estes días ao evitar Alfonso Villares que os grupos da oposición intervengan e colaboren na vida municipal.
O pasado 2 de decembro o GMS solicitou no pleno poder formar parte na elaboración das propostas para o plan E 2010, ao que o alcalde de Cervo asintió coa cabeza. Pero seguindo a tónica habitual empleada polo mandatario popular despois foi que no.

O GMS PRESENTA DE IGUAL FORMA OS SEUS PROXECTOS

A pesar da negativa do alcalde de citarnos para evaluar e debatir as propostas, o GMS rexistrou as iniciativas presentadas que foron as seguintes:

1. 20% do presupusto adicarase a gasto corriente, tendo en conta a nefasta situción das arcas municipais, por iso consideramos necesario e imprescindible.
2. Actuación no parque infantil de San Cibrao, dado o seu estado de deterioro, e adecuación das áreas de xogo por idades.
3. Eliminación de barreras arquitectónicas do parque infantil de Cervo.
4. Dotación e acondicionamento do Ximnasio da piscina Municipal.
5. Actuacións de saneamento nas distintas parroquias do Concello que a día de hoxe están sen este servizo.
6. Actuacións encamiñadas a poñer en valor toda a riqueza medioambiental do Concello de Cervo.

No caso de que ningunha destas propostas coincida coas que presente o equipo de goberno, o GMS solicita que se teñan en conta para incluir nos presupostos do 2010, posto que son solicitudes que demandan os veciños.

ALEGACIÓNS Á MODIFICACIÓN DAS NORMAS SUBSIDIARIAS NO NÚCLEO DE LIEIRO

O GMS de Cervo tamén rexistrou ista semana as alegacións as modificacións Normas Subsidiarias do planeamento municipal. Modificacións promovidas polo propio Concello e que ten por obxecto a alteración da clasificación do solo no núcleo de Lieiro, pasando de urbanizable a solo de núcleo rural, afectando a unha superficie bruta de 27.965 metros cadrados.

Os socialistas apreciamos a necesidade de ampliar a alteración da clasificación do solo operada por tal acordo, extendéndoa á zona da ROZABELLA e de O BAO, excluidas polo equipo de goberno.

Exit mobile version