Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Burela que non pagaron as axudas dos corenta euros

NOTA DE PRENSA
Os populares afirman que Nieves Cando firma convenios sen consignación presupostaria.

Aseguran que ainda non se pagaron as axudas dos corenta euros.

O PP considera que o BNG está “sen rumbo e nervioso”.

O PP de Burela afirmou hoxe que os convenios subscritos por Nieves Cando cos clubes deportivos non teñen a día de hoxe consignación presupostaria, porque a documentacion que se nos entregou sobre os mesmos só recolle un decreto de alcaldía aprobando os convenios, pero en ningún momento se fai constar a existencia de consignación para pagalos.

Para o PP, estas son as prácticas que usa Nieves Cando, unha muller con dúas caras, para levar a cabo a súa política de propaganda: síntese presionada e fai o que sexa, esquecendo e saltándose as formas máis elementais e a mesma normativa legal, para facer o que lle peta. Cando representa perfectamente o estado do BNG: sen rumbo e mui nervioso.

Os populares lembran que a legalidade indica que para que se asine un convenio é preceptivo que haxa cartos para pagar, ou sexa, que haxa consignación presupostaria, ou que no momento no que se aproba o convenio se incorpore o correspondente expediente de modificación de créditos. Pois ben, nos convenios asinados cos clubes deportivos non se da ningunha das dúas circunstancias, polo que os convenios a día de hoxe non se poden executar.

Seguramente que Nieves Cando dirá que o PP non quere que se asinen convenios cos clubes, e tamén dirá que non nos preocupemos, que xa se lles pagará: mostra do seu nerviosismo. O cerot é que non podemos fiarnos de unha persoa que asina convenios con data trinta de Decembro, cando resulta que ela ese día non apareceu polo concello nin estaba en Burela, cando na realidade os asina despois, e que provoca que se asine un decreto de alcaldía con data de trinta de Decembro para colar os convenios dentro de 2009, esa persoa, ademais de ter dúas caras, non é de fiar. E ós medios de comunicación nos remitimos. Esto é certo, sí ou non?

Tampouco é de fiar quen anuncia a todo bombo a primeiros de setembro as axudas dos corenta euros. Nós estamos de acordo, antes de que ela diga nada, coas axudas para libros de texto, pero solo Nieves Cando e catro palmeros ven ben que se lles dea o mesmo ós que gañan tres mil cós que gañan mil, e esa é a pega que nós lle poñemos a esas axudas, e dixémolo sempre, o que demostra a nosa honestidade. Pois ben, o PP dixo que non había cartos cando se anunciaron as axudas, o que demostramos cando o alcalde asina un decreto o quince de Decembro, tres meses e medio despois, convocando as axudas. Nieves Cando non foi capaz de demostrar que o PP mentía, pola sinxela razón de que estábamos decindo a verdade, cando o máis sinxelo era recoñecer a realidade e asunto acabado, cousa que ó mesmo temo demostraría que Nieves Cando tén algo de honestidade. Pero non o fixo. A día de hoxe, ninguén cobrou un peso. Nieves Cando dirá que xa cobrarán, pero o certo é que ainda naide cobrou un só euro. Se o que decimos é mentira, diga porqué.

De fiar tampouco é quen ainda non pagou algúns gastos das festas patronais de 2009. Estamos de acordo en que se faigan as festas patronais (nas que vostedes, os do BNG, antes nunca participaban nos actos oficiais…; agora sí, porqué será?), pero hai que saber hasta onde se pode chegar. Hai uns días debíanse setenta mil euros polas festas do ano pasado. Se non é verdade, dígao. E si se pagaron, dígao tamén, e cando se pagaron.

E ainda é menos de fiar quen amenaza con “desmontar as mentiras” dos outros, cando resulta que á vista de todos estes datos quen tén que demostrar que non minte é ela. Sra. Cando, adíquese a gobernar, que para eso cobra corenta e cinco mil euros anuais (e por eso puido beneficiarse dos catrocentos euros de Zapatero, cousa que non aconteceu cos cobran a prestación por desemprego); adíquese a facer os trámites para pagar a quen se lle debe, e demóstrelle ós cidadáns deste concello que no ano e pouco que queda hasta as municipales é vostede capaz de facer algo máis ca despilfarrar.

Por certo, se o PP deixou cento cincuenta mil euros sen pagar cando saleu do goberno municpal, ademais de poder decirlle a Vde. cando queira e onde queira en que se deixaron sen pagar, tamén lle temos que decir que eramos bastante mellores xestores ca vostedes.

Exit mobile version