RIBADEO (FNC) .- A xunta de voceiros dos partidos que integran o concello de Ribadeo, fixo unha sesión extraordinaria para honrar ao concelleiros D. José Duarte Díaz no seu pasamento.
NOTA DE PRENSA
DECLARACION DA XUNTA DE PORTAVOCES DO CONCELLO DE RIBADEO RELATIVA AO FALECEMENTO DO CONCELLEIRO D.JOSE DUARTE DIAZ
Reunida a Xunta de Portavoces do Concello de Ribadeo, en sesión extraordinaria e urxente, as once horas e dez minutos do día 26 de febreiro de 2010 baixo a Presidencia de D.Fernando Suarez Barcia, asistido do Secretario Xeral da Corporación D.Manuel Díaz Sánchez, e asistindo os portavoces dos Grupos Municipais do BNG, D.Vicente Castro Reigosa, do Partido Popular D.José Carlos Rodríguez Andina, do PSG-PSOE D.Balbino Pérez Vacas e de UPRI D. Agustín Reymondez Gancedo (suplente), por unanimidade acordan a formulación da seguinte declaración relativa ao falecemento de D.José Duarte Díaz para o seu coñecemento pola opinión pública:
“Decatados os portavoces dos Grupos Municipais do Concello de Ribadeo do falecemento de D.José Duarte Díaz , o noso popular “Nenó”, dende o Concello de Ribadeo queremos ante todo transmitir a nosa máis sincera condolencia aos seus familiares e achegados neste difícil momento, e ofrecerlles todo o noso apoio e colaboración.
A Xunta de Voceiros do Concello, a través da Alcaldía, desexa informar así mesmo á cidadanía de Ribadeo que, ante a condición de Concelleiro membro da presente Corporación, se decretaron dous días de loito oficial, martes 26 e mércores 27 de xaneiro de 2010 durante os cales as bandeiras ondearán a media asta, suspendéndose todos os actos institucionais programados no Pazo Municipal para estas datas.
Así mesmo, o Concello terá representación institucional nos actos relacionados co falecemento, sempre respectando a intimidade e os desexos da familia.
Dentro desta Corporación, pola sua convicción de poñer a Ribadeo e os seus veciños por enriba doutras consideracións deixa un oco que ninguén poderá encher, e así estíman os membros desta Xunta de Portavoces. Pero ademais, como ser human, deixa unha profunda pena porque nos abandona un auténtico home bo, unha persoa de profunda humanidade e humildade, compasiva, un amigo inesquecible ao que sempre botaremos de menos, e que se caracterizou por unha vontade de servizo aos seus veciños.
Facendo unha cativa síntese da súa traxectoria no Concello de Ribadeo, pódese resumir o seu paso por diferentes Corporacións Municipais do seguinte xeito:
Mandato Corporativo: 1983-1987
Dende o 26 xullo de 1983 ata 1987, ostentou responsabilidades de goberno como membro do Grupo de Alianza Popular, desempeñando as Delegacións municipais de Incendios, alumeado e Persoal, baixo a presidencia de D.José Ramón Cociña García.
Mandato Corporativo: 1995-1999
Toma posesión o 26 febreiro 1996 por falecemento de José Ramón Cociña García, co que se tiña presentado na candidatura de Coalición Galega.
Foi nomeado Vocal da Comisión de Goberno e segundo Tenente de Alcalde, baixo a Alcaldía de D.José Carlos Rodriguez Andina e Concelleiro Delegado de Tráfico e Seguridade Cidada.
Mandato Corporativo 1999-2003
Baixo a Presidencia de D.José Carlos Rodríguez Andina, do Grupo Popular é nomeado Cuarto Tenente de Alcalde, membro da Xunta de Goberno Local e desempeña o cargo de Concelleiro-Delegado de Tráfico e Seguridade Cidada.
Mandato Corporativo 2003-2007
Forma parte da oposición como membro do Grupo Municipal Popular, integrando a vocalía de Comisións Informativas baixo o mandato de D. Balbino Pérez Vacas.
Mandato Corporativo 2007-2011
Forma parte da Oposición como membro do Grupo Municipal Popular, e integrandose en diversas Comisións Informativas e realizando actuacións como portavoz suplente, baixo a actual Presidencia de D.Fernando Suárez Barcia.