RiIBADEO (FNC) .- Rematou con éxito o primeiro programa de compostaxe caseiro que se levou adiante nos últimos meses en Ribadeo. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, o 57% dos participantes acolléuse á proposta por razóns medioambientais.
O edil nacionalista manifestou que “hai uns días presentamos a memoria do primeiro programa de compostaxe caseiro que se fixo en Ribadeo a través do núcleo de sostibilidade. Unha cita que nos deixou cifras para a reflexión, como que en Galicia se recollen ao ano 800.000 toneladas de residuos sólidos urbáns (RSU) das que o 60% son de orgánico, ousexa unhas 500.000 toneladas, que ven sendo como dous superpetroleiros”.
Cupeiro asegurou que “esta fracción limpa de productos tóxicos considérase apta para facer compost e ademáis do que se trata é de aforrar enerxéticamente porque o transporte de camións produce unha serie de emisións de CO2 que incrementan o efecto invernadero. Entón facendo o compost non teríamos que transportar esta materia orgánica a Sogama e ademáis aportaríamoslle ao suelo os nutrientes necesarios sen ter que comprar outro tipo de abono”.
O concelleiro de Medio Ambiente sinalou que “éste era un plan piloto no que se demostra a conveniencia de utilizar este sistema e tamén así o recomenda o VI Programa Comunitario de Medio Ambiente 2010 denominado O noso futuro á nosa elección, polo que máis de 300.000 familias poderían facer uso deste proceso que sería para o entorno rural e para aqueles que teñen carácter periurbano, no noso caso serían as zonas de Ribadeo ou de Rinlo…aquelas casas que teñen unha pequena horta duns 400 ou 500 metros serían as idóneas para o compostaxe”.
Entre as conclusións desta experiencia piloto figuran que “a parroquia que máis composteiros solicitou foi a de Covelas, que pediu 4. O 45% dos participantes neste programa piloto de compostaxe foron mulleres e o 55% homes. O 75% xa tiñan esterqueira, é dicir aquelas casas que botaban a materia orgánica nestas zonas e así xa están facendo o compost desta maneira. O 57% participaron por razóns medioambientais, un 7% fíxoo por razóns estéticas, outro 7% por aprender algo novo e outro 7% por adquirir novos coñecementos. O 45% valoróuno como unha experiencia moi boa e o 55% como boa. Seguindo con porcentaxes o 64% non detectou ningún problema, o 9% detectou cheiros e outro 9% que había un índice importante de materia seca”.
Horacio Cupeiro engadiu que “segundo as opinións dos participantes o 30% cren que contribúen deste xeito na reciclaxe, o 20% tivo en conta a producción de abono e outro 15% considera que así xeraría menos lixo”.