Site icon Crónica3.com A Mariña

Cortaron a travesía Arcadio Pardiñas en Burela en protesta polo peche de locais de copas

BURELA .- Rapaces e rapazas que na madrugada do día 1 celebraban en Burela o comezo do ano novo cortaron a travesía de Arcadio Pardiñas, a altura do número 170, como protesta polo peche de locais de copas onde estaban de festa. Os rapaces e rapazas sentáronse no chan da estrada cortando o tráfico rodado en presenza da Garda Civil.
A protesta indicouse espontaneamente pasadas as oito da maña cando locais onde se atopaban os rapaces e rapazas pecharon ante a presencia da Garda Civil que advertía de que se debía pechar o local baixo risco de denuncia.

Exit mobile version