Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo financia unha viaxe para que rapaces do Concello asistan ao partido entre o Deportivo e o Osasuna

CERVO .- O Concello de Cervo financia a viaxe para que os rapaces do Concello asistan ao partido entre o Deportivo e o Osasuna. O Concello de Cervo colabora coa Peña de Lis e a apa do IES Marqués de Sargadelos.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE CERVO COLABORA COA PEÑA DE LIS E A APA DO IES MARQUÉS DE SARGADELOS FINANCIANDO A VIAXE PARA QUE OS RAPACES DO CONCELLO ASISTAN AO PARTIDO ENTRE O DEPORTIVO E O OSASUNA

Cervo, 8 de xaneiro de 2010.- A concellería de Deportes do Concello de Cervo que dirixe Rubén Fernández colabora coa peña deportivista de Lis, de San Ciprián, e a APA do instituto Marqués de Sargadelos mediante o financiamento do transporte dunha trintena de rapaces e rapazas do termo municipal que teñen previsto desprazarse o vindeiro domingo para asistir ao encontro da primeira división da Liga Profesional de Fútbol que disputará o equipo coruñes contra o Osasuna de Pamplona a partires das cinco da tarde no estadio de Riazor.

Esta iniciativa ven sendo organizada anualmente pola peña deportivista de San Ciprián e a asociación de pais e nais do instituto Marqués de Sargadelos entre os rapaces de 1º da ESO e 2º de Bachiller do instituto cervense. A expedición sairá da Casa do Mar de San Ciprián o domingo ás 13.00 horas. Os rapaces irán acompañados de varios monitores que se encargarán do seu coidado e atención.

Presentación I Torneo de Billar en San Ciprián

Mañá sábado, a partires das  catro e media da tarde, terá lugar o acto de presentación do I Torneo de Billar organizado polo Club Deportivo san Ciprián e no que colabora o Concello de Cervo a través da súa concellería de Deportes. A presentación farase no local do club organizador e a ela acudira o concelleiro de Deportes Rubén Fernández.

Exit mobile version