REFERENCIA
Burela contará nun mes coa ampliación do peirao comercial nunha lonxitude de 219 metros que mellorara a dispoñibilidade de atraque
A execución da ampliación do peirao comercial existente, logrará mais dispoñibilidade de atraque ás embarcacións pesqueiras e unha adecuada superficie de almacenamento
As obras incluiron a construción dunha nova rampla e explanada na zona interior do porto, entre os asteleiros e os peiraos de descarga xunto á lonxa climatizada
Estas obras teñen un investimento de 8.426.073,22 euros
Santiago, 31 de xaneiro de 2010.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anuncia que rematará as obras de ampliación do peirao comercial do porto de Burela, na provincia de Lugo no vindeiro mes de febreiro cumprindo os prazos previstos para a súa execución. Estas obras, de gran envergadura, contaron cun investimento de 8.426.073,22 euros.
O obxecto foi o de executar as obras necesarias para a ampliación do peirao comercial existente, logrando con elo mais dispoñibilidade de atraque ás embarcacións pesqueiras e unha adecuada superficie de almacenamento, permitindo ademais o atraque de buques de ata 5.000 TPM.
As obras consistiron na ampliación do actual peirao de mercadorías de Burela, para o que se proxectou unha prolongación do mesmo en dirección Este, cunha lonxitude de 219 metros e un ancho de 59 metros, en prolongación e ampliación do peirao existente e que ten como remate o martillo de protección e defensa do dique cun calado de 8 metros.
A explanada resultante, é duns 14.450 metros cadrados e consegue dotar á zona comercial dunha ampla zona de operacións, así como para a reubicación dos silos de cemento deixando liberado o espazo que ocupan para o uso pesqueiro. Farase unha dragaxe fronte ao novo peirao nunha anchura de 200 metros e calado igualmente de 8 metros.
Como consecuencia da ampliación do peirao, e dado que segundo os estudos efectuados, a oleaxe poda penetrar e producir axitación nos peiraos interiores, proxectouse un martillo conformado por un peirao espigón de 50 metros de lonxitude transversal a dita ampliación e que se ubica ao inicio desta. Este martillo disporá dun atraque interior de 6 metros de calado para uso pesqueiro e dunha escollera de amortiguación e defensa exterior.
Proxectouse tamén a construción dunha nova rampla e explanada na zona interior do porto, entre os asteleiros e os peiraos de descarga xunto á lonxa climatizada. Instaláronse tamén defensas de caucho verticais no muro de atraque da aliñación do peirao que se amplía, e o traslado do peche PBIP adaptado ás novas instalacións.
As melloras que se realizaron son debidas ao aumento da produción das empresas que utilizan o peirao para as súas operacións, xunto coa necesidade de dotar ao porto con suficiente atraque de uso pesqueiro que como resultado da ampliación se libera para este uso.
Para o alumeado das instalacións colocáronse catro novos puntos de luz con torres de 18 metros de altura. Estas torres van provistas de proxectores de 1.000 W distribuídos de forma que cubran toda a plataforma de traballo, incluíndo o alumeado dos cantís dos peiraos.
Para a ampliación do peirao comercial empregaranse boiardos de 850 kg, con defensas colocadas no paramento do peirao, mentres que para o peirao-espigón e os peiraos existentes, colocaranse boiardos de 650 kg, e defensas verticais de caucho. Tamén escalas metálicas de acceso encaixadas no paramento dos novos peiraos, que serán de aceiro inoxidable.