Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PSOE de Cervo que as fotos e anuncios a un ano das eleccións non lle van a asegurar a alcaldía ao PP

Nota de Prensa

AS FOTOS E ANUNCIOS A UN ANO DAS ELECCIÓNS, NON LLE VAN A ASEGURAR A ALCALDÍA AO PP DE CERVO
POLA CONTRA, OS SOCIALISTAS CHEGAREMOS ÁS ELECCIONS COS DEBERES FEITOS, CUN PROXECTO E MOITAS GANAS DE TRABALLAR PARA POÑELO EN PRÁCTICA

CERVO, 22 DE XANEIRO.  Dende O GMS de Cervo decidimos responder ao PP ante as súas declaracións onde afirma que estamos “fora de xogo” despois dos últimos proxectos anunciados pola Xunta.
Unha vez analizado o contido das declaracións, da a impresión de que o PP intenta desviar a atención sobre algo que xa calou na sociedade Cervense e que é a ineptitude do alcalde de Cervo para xestionar o noso concello.
Alfonso Villares poderá  facer todos os anuncios e fotos que queira de aquí ás eleccións, pero iso non lle vai a asegurar ao PP o aprobado no exame dos cidadáns nas urnas, posto que ser alcalde dun concello implica un traballo e xestión diarios e non de última hora. Pola contra, dende o GMS estamos moi tranquilos posto que os concelleiros chegaremos ás eleccións cos deberes feitos e moitas ganas de traballar para cambiar o rumbo de Cervo.
O único que temos que lamentar da nosa xestión coma grupo municipal e que o equipo de goberno rexeite unha e outra vez as nosas propostas e ideas, polo simple feito de estar na oposición.
Por último e para non decepcionar aos populares de Cervo, temos que dicir que só hai unha cousa que definitivamente sí nos deixaria “noqueados” aos Socialistas e que sería ver ao alcalde de Cervo traballar. Neste senso, ímoslle pedir que faga un esforzo “extraordinario” e realice un seguimento aos prazos comprometidos pola Conselleira de Traballo para o Centro de Día, de maneira que poda ser unha realidade e non un feito virtual, que as obras comecen despois do verán.

Exit mobile version